InicioSANTIAGODúas incidencias puntuais alteran este xoves o servizo das liñas 6A e...

Dúas incidencias puntuais alteran este xoves o servizo das liñas 6A e 12, segundo o concelleiro de Mobilidade

Xan Duro atribúe os atrasos a un accidente e a un vehículo mal estacionado, mentres o novo contrato do transporte urbano segue sen data definida

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Mobilidade de Santiago, Xan Duro, explicou este xoves que as incidencias rexistradas nas liñas 6A e 12 do transporte urbano responderon a problemas concretos acontecidos durante a xornada e non a un mal funcionamento estrutural do servizo, despois das queixas veciñais polos atrasos e problemas detectados nestes percorridos.

Segundo detallou o edil, no caso da liña 6A produciuse un accidente no que se viu implicado un terceiro alleo ao autobús, o que provocou danos nunha lúa do vehículo e obrigou a retiralo temporalmente para a súa reparación. Esta situación ocasionou desaxustes nos horarios previstos e atrasos ao longo do día.

No que respecta á liña 12, Duro indicou que o problema estivo motivado por un vehículo mal aparcado na contorna do Hospital Provincial, que bloqueou o paso do autobús e acabou xerando unha interrupción temporal no percorrido.

O responsable municipal asegurou que ambas incidencias quedaron resoltas e que os horarios foron restablecidos, insistindo en que, máis alá destes episodios, o funcionamento xeral da rede de transporte mantense dentro da normalidade.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here