InicioSANTIAGOO aumento de tráfico no Aeroporto de Santiago pon a proba a...

O aumento de tráfico no Aeroporto de Santiago pon a proba a súa capacidade e persoal

O traslado de rutas do Aeroporto de Vigo durante o seu peche leva a unha situación crítica en Santiago

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O peche temporal do Aeroporto de Vigo por obras, desde o 6 ata o 30 de maio, provocou o traslado de numerosas rutas ao Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, afectando a un total de 100.000 viaxeiros e 1.200 voos. Esta situación derivou nun incremento substancial do tráfico aéreo en Santiago, que xa en abril rexistrara un aumento do 10%, con 30.862 pasaxeiros máis comparado co mesmo período do ano anterior.

Segundo informa o Comité de Centro do Aeroporto de Santiago, anticipase que durante este mes de maio se superarán as cifras de agosto de 2023, cando se alcanzou o récord histórico de 402.745 pasaxeiros. Este crecemento continuo supón un desafío significativo para a infraestrutura aeroportuaria e o seu persoal, xa que as previsións para 2024 apuntan a que a capacidade máxima establecida en 2011, cando se inaugurou a nova terminal con un límite de 4 millóns de pasaxeiros anuais, podería ser alcanzada ou mesmo superada.

O persoal do Aeroporto de Santiago está a experimentar unha carga de traballo moi elevada, con reforzos puntuais que resultan insuficientes para cubrir todas as necesidades. Por exemplo, segundo informan dende o Comité de Centro, o servizo de enfermería, que contaba con seis efectivos que ofrecían cobertura 24 horas ao día na antiga terminal, agora só dispón de catro enfermeiros, deixando amplas franxas horarias sen servizo sanitario. Isto obriga a solicitar ambulancias do 061, incrementando o tempo de espera e o gasto en recursos públicos.

Dada esta situación, o Comité de Centro comunicou o seu total apoio aos traballadores afectados e anunciou que apoiará calquera tipo de mobilización que proteste pola elevada carga de traballo. Ademais, instan ao Grupo Aena a aumentar o cadro de persoal para adecuarlo ao incremento de actividade, co fin de mellorar a experiencia dos usuarios e manter a calidade dos servizos ofrecidos polo aeroporto.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here