InicioSANTIAGOMaite Flores asume a presidencia da Sociedade Española de Óptica

Maite Flores asume a presidencia da Sociedade Española de Óptica

A catedrática compostelá dirixirá durante os vindeiros tres anos Sedóptica, principal entidade estatal do sector, tras unha ampla traxectoria en investigación, transferencia e xestión académica

Publicado o

Xornal de Compostela

A catedrática de Óptica da Universidade de Santiago de Compostela, Maite Flores Arias, foi nomeada nova presidenta da Sociedade Española de Óptica (Sedóptica) para os próximos tres anos, converténdose na máxima responsable desta entidade estatal dedicada á investigación e promoción da óptica e a fotónica. Flores sucede no cargo ao catedrático da Universidade de Salamanca Luis Plaja Rustein, tras ocupar previamente a vicepresidencia da organización.

A nova presidenta de Sedóptica desenvolveu unha ampla carreira vinculada á USC, tanto no ámbito investigador como na xestión universitaria. Ao longo da súa traxectoria foi presidenta da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), delegada do reitor para o Ensino Medio, coordinadora do programa Stembach, directora do Departamento de Física Aplicada e impulsora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS). Na actualidade coordina tamén a infraestrutura singular L2A2 (Laboratorio Láser para a Aceleración e outras Aplicacións), unha das principais instalacións de láser ultraintenso do Estado.

No ámbito científico, Flores Arias conta con máis de 300 publicacións internacionais e unha extensa participación en congresos especializados, ademais de tres patentes e experiencia empresarial como cofundadora de BFlow S.L. A súa actividade abrangue tamén a avaliación científica e universitaria, formando parte de distintas axencias autonómicas e estatais, así como de organismos internacionais de investigación en países como México e Polonia.

A investigadora compostelá tamén participou en órganos de dirección da Sociedade Europea de Óptica e foi recoñecida como membro distinguido tanto nesta entidade como na Sociedade Americana de Óptica. En 2019 recibiu o Premio de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia concedido pola Real Academia Galega de Ciencias.

Sedóptica, fundada en 1968, constitúe a principal plataforma estatal para investigadores, universidades e empresas vinculadas ao sector óptico. A entidade, patrocinada polo CSIC, integra unha ampla rede científica estruturada en dez comités especializados en áreas como óptica cuántica, nanofotónica, espectroscopía, ciencias da visión ou ensino da óptica, ademais de seccións centradas na mocidade e na promoción da muller na ciencia.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda comeza a desmontarse no Obradoiro

A acampada pola vivenda de Santiago de Compostela iniciou a recollida e reorganización do...

Denuncian no Obradoiro que a Policía acurralou e golpeou manifestantes tras a marcha do 11N

Unha trintena de persoas concentrouse este sábado na praza do Obradoiro, en Santiago de...

Feijóo promete en Santiago que “non volverá haber corrupción” se goberna o PP en España

Alberto Núñez Feijóo comprometeuse este sábado no Multiusos Fontes do Sar a impulsar a construción...

O PSdeG apela ao voto útil nun encontro con cargos públicos da comarca de Santiago

Os candidatos socialistas Sindo Guinarte e Ana Alvite reuníronse este sábado con cargos públicos...

A Fiscalía pide 30 anos e medio de cárcere para cada un dos dous principais acusados do caso do club ‘San Lázaro II’

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela,...

Santiago supera por primeira vez as 2.000 bolsas de comedor, material escolar e extraescolares

O Concello de Santiago concedeu 2.083 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares...

Buscas emprego na USC? A universidade anuncia 289 prazas públicas para profesorado e persoal de administración

A renovación dos cadros de persoal das universidades públicas constitúe un dos grandes retos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here