InicioSANTIAGOOs equipos Stellae, Crie e Edullab publican unha guía para fomentar o...

Os equipos Stellae, Crie e Edullab publican unha guía para fomentar o uso responsable da tecnoloxía na adolescencia

A publicación, impulsada por grupos da USC e outras universidades, ofrece ferramentas prácticas para o alumnado de Secundaria e o seu entorno educativo

Publicado o

Xornal de Compostela

A crecente presenza das tecnoloxías dixitais na vida diaria da mocidade centra o novo recurso educativo presentado polos equipos de investigación Stellae, Crie e Edullab, que veñen de publicar a guía ‘Entre a oportunidade e a prohibición: riscos e malos usos da tecnoloxía na adolescencia’. Trátase dun material orientado ao alumnado de Educación Secundaria que busca promover un uso responsable, crítico e seguro das ferramentas dixitais.

A publicación está impulsada no marco dun proxecto estatal no que participan grupos da Universidade de Santiago de Compostela, a Universitat de València e a Universidade de La Laguna, e pode descargarse de forma gratuíta en liña. Editada inicialmente en galego, valenciano e castelán, está prevista tamén a súa tradución ao inglés e ao portugués para ampliar o seu alcance.

Cartel da guía – Grupo de Investigación Stellae

A guía forma parte do proxecto de investigación ‘Secundari@ Dixit@l’, centrado na análise dos materiais didácticos dixitais na educación obrigatoria e na elaboración de propostas para o seu uso tanto no ámbito escolar como familiar. Segundo recolle o propio documento, o seu obxectivo é “axudar á mocidade a tomar decisións máis responsables no uso da tecnoloxía”, incorporando recomendacións prácticas adaptadas á realidade cotiá.

Entre os contidos abordados inclúense cuestións como o ciberacoso, a sobreexposición nas redes sociais, o acceso a contidos inapropiados, o uso da intelixencia artificial ou os riscos asociados aos videoxogos e ás compras en liña. A través de explicacións sinxelas e exemplos visuais baseados en situacións reais, o recurso busca facilitar a comprensión destes fenómenos entre o alumnado.

A estrutura da publicación organízase en diferentes bloques que combinan situacións cotiás no ámbito persoal e escolar, recomendacións específicas para adolescentes, recursos complementarios e un cuestionario de autoavaliación sobre hábitos dixitais. Este enfoque pretende ofrecer ferramentas prácticas tanto para o uso individual como para o traballo nas aulas.

A proposta aposta por un modelo educativo que non se basea na prohibición, senón na concienciación e no equilibrio entre oportunidades e riscos. Neste sentido, o documento subliña que o uso responsable da tecnoloxía é unha tarefa compartida entre adolescentes, familias, centros educativos e institucións.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here