InicioSOCIEDADEArranca a comisión para descentralizar Medicina na USC coa nova reitora xa...

Arranca a comisión para descentralizar Medicina na USC coa nova reitora xa no centro do proceso

A comisión de seguimento celebrou a súa primeira reunión baixo a presidencia dos conselleiros de Educación e Sanidade, mentres Rosa Crujeiras asumirá desde o 10 de abril o liderado da posición da USC neste debate

Publicado o

Xornal de Compostela

A comisión de seguimento para a descentralización do grao de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela celebrou este luns a súa primeira reunión. Presidiron a xuntanza os conselleiros de Educación, Ciencia, FP e Universidades, Román Rodríguez, e de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño. Ademais, tamén participaron o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada.

A ela, ademais dos reitores das tres universidades públicas galegas, acudiu a recentemente elixida reitora da USC, Rosa Crujeiras. O obxectivo neste encontro era repasar os asuntos tratados ata o momento para facilitar a transición entre o reitor saínte, Antonio López, tamén presente na reunión, e a nova responsable da institución, que tomará posesión o próximo día 10 de abril. Será ela quen, a partir desa data —día no que se fará oficial o seu nomeamento como reitora—, lidere a postura da universidade compostelá neste proceso.

Neste contexto, os conselleiros trasladáronlle a “máxima disposición” da Xunta a colaborar a favor da mellora da formación dos médicos do futuro. A maiores deste órgano, acordouse a creación de dous grupos de traballo para avanzar no cumprimento do acordo de descentralización do grao.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...