InicioCULTURAO Gaiás acollerá once espectáculos de vangarda no festival ‘Escenas do Cambio’

O Gaiás acollerá once espectáculos de vangarda no festival ‘Escenas do Cambio’

A décima edición desenvolverase do 7 ao 10 de maio con oito propostas internacionais e tres estreas absolutas.

Publicado o

Xornal de Compostela

O festival de artes escénicas de vangarda ‘Escenas do Cambio’ ofrecerá once espectáculos no Museo Gaiás de Santiago de Compostela, dos que oito proceden do ámbito internacional e os tres restantes son de creación española. Ademais, sete destes espectáculos presentaranse por primeira vez en Galicia —tres deles aínda non se estrearon en España— e outros tres figuran como “estreas absolutas“.

Así o avanzou o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, que indicou que o festival se desenvolverá entre os días 7 e 10 de maio, e contará coa participación de artistas e compañías de Alemaña, Bélxica, Brasil, Colombia, Cuba, Guinea Ecuatorial, México, Portugal, Lituania e España. Doutra banda, subliñou que a responsable da dirección artística do festival será a bailarina e coreógrafa Kirenia Martínez Acosta, quen define o programa baixo o concepto de “revelesencia” —entre revelación, efervescencia e esencia—, unha proposta que interrelaciona tres camiños a través das artes escénicas: o do que persiste, o do que se revela e o do que se reinventa baixo novas formas.

PROPOSTAS INTERNACIONAIS PARA GALICIA

No apartado internacional, o festival achegará a Galicia varias propostas procedentes de Latinoamérica, como A Cura e O Baleiro, dirixidas polo coreógrafo cubano Julio César Iglesias xunto á Compañía Colombiana de Danza Contemporánea, ambas as presentadas por primeira vez en España. Tamén se inclúe Arder Épica (Cap. 1), do artista brasileiro Reinaldo Ribeiro, que reconstrúe unha memoria colectiva a partir do incendio do Museo Nacional de Brasil en 2018, así como a instalación inmersiva Hecatombe II: Movementos e rituais para a renovación do mundo, da colombiana Martha Fincapé Charry, centrada nos saberes ancestrais de pobos orixinarios.

Ademais, o público poderá ver por primeira vez en España Fear:less, un pas de deux da alemá Silke Z. que reflexiona sobre o contacto físico e os vínculos contemporáneos a través da danza. Nesta liña, o programa incorpora Entrecruzad@s, de Juliana Reyes, unha peza que constrúe unha partitura viva sobre a identidade, a exclusión e a posibilidade de comunidade, coa participación de artistas de España, Colombia, México e Guinea Ecuatorial.

Tamén A Calidesa, da compañía balear Société Mouffette, aborda as soidades do mundo actual —desde persoas migrantes ata quen buscan afecto en contornas virtuais— a través dunha proposta híbrida entre o teatro de obxectos e a instalación interactiva. Pola súa banda, Horizontes Errantes, de Laura Aris e Jakob Jautz, transforma en danza e teatro físico unha peregrinación artística pola Selva Negra alemá e o Camiño de Santiago, con música do portugués Jorge da Rocha, no marco do programa de residencias do Gaiás.

ESTREAS ABSOLUTAS E CREACIÓN ESTATAL

No ámbito estatal, o festival acollerá as tres estreas absolutas desta edición, entre eles Este himno levará a palabra Euforia, da compañía vasca La Intrusa, Premio Nacional de Danza 2015, que conmemora con esta peza os seus 30 anos de traxectoria. Así mesmo, presentaranse propostas con participación galega como 52-Blau, dirixida por Elena Castellanos e Xián Martínez, e Black Box. Unha saga épica, de Hugo Torres, coproducida con entidades de Galicia e Portugal, que completan a representación da creación española no certame.

ÚLTIMAS

O pleno de Santiago rexeita os orzamentos municipais e abre a vía da cuestión de confianza

O pleno municipal de Santiago de Compostela rexeitou este mércores o proxecto de orzamentos...

Verea afirma que o rexeitamento dos orzamentos evidencia a falta de apoio ao goberno local

O portavoz do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, valorou o pleno municipal no...

Arelas convoca unha manifestación en Santiago para reivindicar dereitos trans e denunciar retrocesos legais

A asociación Arelas convocou unha manifestación nacional en Santiago de Compostela para este domingo...

A nova reitora da USC, a alcaldesa e a directora do IES Rosalía de Castro participan nunha mesa redonda con motivo do 8M

A reitora electa da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras; a alcaldesa de...

San Lázaro reúne a Corporación municipal e 27 restaurantes na tradicional poxa das uñas

A Poxa das Uñas de San Lázaro volveu converterse este ano nun dos principais...

Rosa Crujeiras, proclamada reitora definitiva da USC, fará historia como a primeira muller reitora en 531 anos

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) publicou este luns a proclamación definitiva de...

The Rapants levarán máis de 5.500 persoas a Sar na estrea de ‘Rapants club’

O grupo galego The Rapants confirmou que máis de 5.500 persoas asistirán este domingo,...