InicioSANTIAGOAs probas FSE reúnen este sábado en Santiago a 1.930 aspirantes para...

As probas FSE reúnen este sábado en Santiago a 1.930 aspirantes para optar a prazas de formación sanitaria especializada

Publicado o

Xornal de Compostela

Un total de 35.503 persoas de toda España foron admitidas para participar na convocatoria das probas de acceso á Formación Sanitaria Especializada (FSE), que se celebran este sábado, 24 de xaneiro, en distintas sedes do Estado. O proceso ten como obxectivo cubrir as 12.366 prazas ofertadas nas diferentes titulacións que integran esta formación. En Galicia, 1.930 aspirantes están convocados na sede de Santiago de Compostela, unha das cidades con maior número de participantes.

Segundo a planificación establecida polo Ministerio de Sanidad, o chamamento e identificación das persoas aspirantes dará comezo ás 13:30 (12:30 en Canarias). Unha vez finalizado este trámite, unha hora máis tarde, procederase á apertura dos paquetes precintados que conteñen os cadernos de exame, en presenza das persoas convocadas.

A distribución por sedes amosa unha ampla participación en todo o territorio estatal, con cifras destacadas en cidades como Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla ou Oviedo, ademais de Santiago, que acolle preto de dous milleiros de aspirantes procedentes de distintos puntos de Galicia e doutras comunidades.

O Ministerio estableceu tamén as condicións para a participación de persoas non admitidas nos listados definitivos. Aquelas que presentasen ou vaian presentar un recurso de alzada poderán realizar a proba con normalidade, sen distinción no acceso ás aulas nin nos recintos. Estas persoas deberán acudir co documento de identidade empregado na inscrición, ademais do DNI ou NIE, e disporán de caderno de exame, xa que se prevé material suficiente para todas as convocadas. A corrección dos seus exercicios quedará supeditada á resolución favorable do recurso presentado.

En canto ao formato da proba, o exame constará de 200 preguntas, ás que se engaden 10 de reserva, e terá unha duración total de catro horas e media. Unha vez abertos os paquetes precintados non se permitirá o acceso ás aulas, nin tampouco o uso de teléfonos móbiles ou dispositivos electrónicos, que deberán permanecer apagados durante todo o proceso. Será obrigatorio presentar o documento de identidade orixinal e físico, que deberá coincidir co indicado nos listados oficiais.

As persoas aspirantes deberán consultar previamente a súa mesa e centro de exame, xa que non se admitirán cambios sen autorización expresa. O documento identificativo deberá permanecer visible sobre a mesa durante toda a proba. Só estará permitido o uso de bolígrafo azul ou negro, quedando invalidado o exercicio se se empregan outros instrumentos. O uso de determinados dispositivos médicos requirirá autorización previa, mentres que se permite o uso de tapóns comúns para os oídos.

No desenvolvemento do exame, non se poderá abandonar a aula durante os primeiros 60 minutos nin nos últimos 30, salvo causa xustificada e baixo supervisión. A folla de respostas contará con tres copias autocopiativas, e aplicarase un sistema de puntuación no que cada resposta correcta suma 3 puntos, cada incorrecta resta 1, e as non contestadas non puntúan.

ÚLTIMAS

O PSOE anuncia que non apoiará os orzamentos de Santiago e condiciona o seu voto á incorporación de medidas

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago confirmou que non votará a favor...

O Son do Camiño incorpora a DJ Snake nunha edición cos abonos xa esgotados

O festival O Son do Camiño volverá situar a Santiago de Compostela no circuíto musical...

‘De Lugares e Órganos’ regresa a Santiago cunha programación que combina música, cinema e patrimonio entre o 28 de marzo e o 5 de...

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, presentou unha nova edición do ciclo...

O Club de Patinaxe Artística Brión acada o subcampionato galego e clasifícase para o estatal por quinto ano consecutivo

O Club de Patinaxe Artística Brión vén de consolidar a súa presenza no panorama...

Rueda ve a Borja Verea como “un magnífico candidato” para Santiago, pero evita confirmalo

O presidente da Xunta e líder do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou...

A Xunta corta temporalmente o ramal entre a AG-56 e a SC-20 por obras de seguridade viaria

As obras de construción dunha cuneta de seguridade obrigarán a cortar temporalmente o tráfico...

Un equipo da USC lidera un proxecto internacional para mellorar o diagnóstico do covid persistente

A Universidade de Santiago de Compostela anunciou este luns que un equipo internacional de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here