InicioSANTIAGOSantiago espera recibir esta semana a proposta de convenio marco da Xunta...

Santiago espera recibir esta semana a proposta de convenio marco da Xunta para o aparcadoiro do CHUS

Un documento no que se priorizará, dixo, a construción do novo aparcadoiro, aínda que eludiu "pór prazos".

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, afirmou que o Consistorio espera recibir “ao longo desta semana” a proposta de convenio marco por parte da Xunta para a reordenación da contorna do Hospital Clínico de Santiago, un documento no que se priorizará, dixo, a construción do novo aparcadoiro do CHUS, aínda que eludiu “pór prazos”.

Este foi un dos temas que a rexedora abordou este luns na súa reunión co Foro Cívico, unha cuestión que, dixo en declaracións aos medios ao terminar, suscitou “moito interese” neste colectivo que agrupa distintos sectores da cidade. O Foro, dixo Sanmartín, trasladoulle que se trata de algo “imprescindible” e instoulle a “falar de prazos”, algo que ela descartou.

A rexedora si contou que esperan recibir ao longo desta semana a proposta de convenio marco por parte da Xunta. “E, a partir de aí, iremos facendo xa os convenios, esperando, sen ningunha dúbida, polo tema tanto do aparcadoiro como dalgúns accesos que xa están con posibilidade de facerse”, dixo a alcaldesa. No entanto, engadiu, “como desa licitación e desa contratación, quen se vai a encargar é a Xunta”, rexeitou “pór prazos”.

Pola súa banda, Carlos García, portavoz do Foro Cívico, sinalou que este acordo en relación ao parking do CHUS “pon de manifesto” que “cando hai colaboración e apoio unánime dos grupos políticos, chégase a acordos e a cidade crece”.

PARCELA DE PELETEIRO

Neste caso, apuntou, “salváronse esas pequeñeces políticas en aras dun proxecto importante e necesario” para a cidade, algo que animou a repetir no caso da parcela de Peleteiro. “Estivemos tanto tempo dándolle voltas a unha margarida que, de tanto esfollar, quedamos no punto de partida, é dicir, co peor proxecto que temos encima da mesa.

Na reunión entre a alcaldesa de Santiago e o Foro Cívico tamén saíu a parcela de Peleteiro, sobre a que Goretti Sanmartín mencionou a reunión que manterán co Goberno o vindeiro venres para tratar de desbloquear un proxecto alternativo para a parcela. “Hai que tentar que haxa un movemento por parte do Estado que poida influír en que haxa unha solución de plan diferente”, dixo, en declaracións aos medios.

ÚLTIMAS

Rueda evitar criticar as festas de Santiago pero aclara: “Outros, se o fan peor, que melloren”,

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, evitou criticar as festas de Santiago despois de...

Límites á apertura de novos comercios de souvenirs e máquinas expendedoras “en practicamente toda a zona histórica”

O Concello de Santiago limitará a implantación de novos establecementos de souvenirs "en practicamente toda a zona histórica",...

O alcalde de Ames insiste en pedir eleccións en 2025 para que o PSOE poida “preservar” os concellos

O alcalde de Ames, o socialista Blas García, volveuse a mostrar este luns partidario de...

O goberno de Santiago defende os avances do mandato e promete que a cidade “non será igual en 2027”

O equipo de goberno de Santiago de Compostela fixo balance este luns dos dous...

Rueda evitar criticar as festas de Santiago pero aclara: “Outros, se o fan peor, que melloren”,

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, evitou criticar as festas de Santiago despois de...

O alcalde de Ames insiste en pedir eleccións en 2025 para que o PSOE poida “preservar” os concellos

O alcalde de Ames, o socialista Blas García, volveuse a mostrar este luns partidario de...

O Panteón de Galegos e Galegas Ilustres, rexistrada como de interese galego

A Fundación do Panteón de Galegos e Galegas Ilustres, situado na compostelá Igrexa de...