InicioECONOMÍAAprobado o Plan de Contratación municipal de 2024, con 82 contratos por...

Aprobado o Plan de Contratación municipal de 2024, con 82 contratos por 223 millóns de euros

O de máis valor son a xestión do transporte urbano e os servizos de conserjería e limpeza de colexios, pavillóns e centros socioculturais.

Publicado o

Xornal de Compostela

Concello de Santiago deu luz verde este luns, na xunta de goberno local, ao Plan de Contratación de 2024, que recolle un total de 82 contratos cun valor de case 223 millóns de euros. O documento, presentado en rolda de prensa polo edil de Economía, Facenda e Contratación, Manuel César Vila, non inclúe contratos adxudicados durante estes meses nin contratos menores e o goberno local espera que sexa “unha folla de ruta” con “compromisos”, pero non “pechado”. “Estamos ante un documento que recolle obxectivos específicos, medibles, alcanzables, relevantes e temporais”, salientou.

Para o concelleiro de Contratación, este plan recolle “os grandes eixos de actuación xa enunciados” cando se aprobaron os orzamentos, co obxectivo de “prestar servizos públicos de calidade, desenvolver políticas sociais, culturais e de igualdade para a maioría, realizar unha transformación urbana, un mellor acceso á vivenda e avanzar na mellor gobernación e outro modelo de cidade”.

CATRO EIXOS

Así, no apartado de “servizos públicos de calidade”, o plan inclúe a prestación integral dos servizos de conserxería e limpeza de centros escolares (1.427.000 euros), de pavillóns deportivos (875.480,54 euros) e centros socioculturais (1.400.000 euros), o que supón un total de 8.253.930 euros. Tamén a xestión do servizo público de transporte colectivo urbano de viaxeiros por 184.561.778,95 euros (156 meses) e o servizo de mantemento e conservación dos sistemas de control, regulación e xestión do tráfico e do túnel do Hórreo (5.825.522,80 euros), así como tres lotes de vehículos para o servizo de extinción de incendios e Salvamento por un valor total de 1.630.000 euros.

Entre as partidas para desenvolver políticas sociais, culturais e de igualdade “para a maioría”, o concelleiro destacou algunhas como a xestión da rede de centros socioculturais, animación sociocultural, atención ao público, bibliotecas, novas tecnoloxías e redes sociais (6.329.708,52 euros), o servizo de xestión e programación do centro novo de creación cultural (959.288 euros) ou a iluminación de Nadal (840.000 euros).

Así mesmo, para tratar de realizar “unha transformación urbana e un mellor acceso á vivenda, así como avanzar nun camiño de sustentabilidade e de integración territorial”, o Plan de Contratación inclúe diferentes actuacións no rural por valor de 2.264.540,65 euros, a reurbanización da rúa García Lorca (967.191,67 euros) e outras reurbanizacións como a rúa Mallou (495.867,77 euros) ou a rúa Ponte da Raíña (413.223,14 euros), entre outras.

Por último, co obxectivo de avanzar nunha mellor gobernación e noutro modelo de cidade, recóllese o mantemento integral de infraestrutura de servidores (363.636,36 euros), das telecomunicacións (826.446,28 euros), a prestación do servizo auxiliar de depósito custodia, xestión de arquivos, recollida e envío de expedientes e documentos (408.562 euros) ou servizos para a transformación dixital e promoción do comercio local (675.000 euros).

“Trátase dun documento de planificación que pretendemos avanzar na mellora da xestión da administración local, mellorando a eficacia e a eficiencia do noso traballo; tamén é un documento de política de transparencia, dando a coñecer este plan que vai ser a guía que vai rexer durante estes catro anos a contratación municipal”, sinalou Manuel César.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na Casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na Casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Funcionarios de Xustiza denuncian “explotación laboral” nos xulgados de Fontiñas

Funcionarios do xulgado de instancia de Santiago de Compostela concentráronse este xoves diante dos...