InicioSANTIAGOAlba Nogueira aborda co Concello iniciativas para reforzar a relación estratéxica da...

Alba Nogueira aborda co Concello iniciativas para reforzar a relación estratéxica da USC

A candidata á Reitoría reuniuse coa alcaldesa de Santiago para tratar mobilidade, aloxamento universitario, rehabilitación patrimonial e apertura de infraestruturas á cidadanía

Publicado o

Xornal de Compostela

A candidata á Reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, Alba Nogueira, reuniuse este luns coa alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, nun encontro de carácter privado no que se abordaron diferentes iniciativas para fortalecer a relación estratéxica entre a institución académica e o Concello.

A xuntanza enmárcase na rolda de encontros que a rexedora municipal mantén con todas as persoas candidatas á Reitoría da USC. A alcaldesa suspendeu a súa axenda oficial durante a xornada do luns con motivo do accidente ferroviario ocorrido en Adamuz, en Córdoba, mantendo unicamente este tipo de reunións institucionais xa programadas.

Durante o encontro, Alba Nogueira expuxo parte do seu programa centrado en mellorar as necesidades de aloxamento e de mobilidade da comunidade universitaria. Nese contexto, sinalou que, de resultar elixida, traballará por unha universidade cunha presenza activa na cidade: “Como reitora traballarei por unha universidade activa e comprometida coa súa contorna. Queremos que o modelo caminable e con pacificación do tráfico inclúa os campus da USC”.

A candidata defendeu a necesidade de mellorar a articulación dos campus coa cidade, propoñendo un plan de mantemento, sinalización e humanización que contribúa a dotalos de maior vida universitaria e integración no tecido urbano compostelán.

Outro dos eixos tratados foi a vinculación do Consorcio da cidade en actividades universitarias e nos procesos de rehabilitación de inmobles da USC. Nogueira trasladou a importancia dunha maior implicación institucional: “Tamén buscamos unha implicación decidida das tres administracións do Consorcio na rehabilitación dos edificios históricos da Universidade”.

Neste ámbito, cualificou de “fundamental” a negociación dunha liña específica de financiamento para o mantemento e a rehabilitación do patrimonio histórico-artístico da USC. Ademais, apuntou á posibilidade de alcanzar acordos cos concellos e coa Igrexa para recuperar grandes espazos actualmente “infrautilizados”, co obxectivo de destinalos a residencias universitarias.

Por último, a candidata á Reitoría tamén propuxo estudar o uso compartido de infraestruturas universitarias, como auditorios ou instalacións deportivas, para que poidan abrirse á veciñanza de Santiago, favorecendo así unha maior conexión entre a universidade e a cidade.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...