InicioSOCIEDADEO Camiño de Santiago como motor do "renacemento rural": dinamiza pero non...

O Camiño de Santiago como motor do “renacemento rural”: dinamiza pero non reparte igual

Un estudo da USC conclúe que o Camiño xera emprego, investimento e novas dinámicas sociais no rural galego, pero os beneficios repártense de forma desigual e o seu éxito depende dunha gobernanza con participación veciñal e xestión sustentable dos recursos

Publicado o

Xornal de Compostela

Un estudo elaborado por Lucrezia Lopez, profesora do Departamento de Xeografía e directora do Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR) da USC, conclúe que o Camiño de Santiago reúne potencialidades e limitacións como motor de transformación rural e laboratorio de innovación social. O estudo, baixo o título ‘O Camiño de Santiago e o Renacemento do Mundo Rural: Estudo e análise das novas dinámicas e transformacións socio-territoriais’, constata que o éxito do Camiño débese á rehabilitación do patrimonio, ao apoio institucional e á promoción do turismo cultura e sustentable.

Ademais, analiza como co paso do tempo converteuse nun itinerario turístico e espiritual que dinamiza económica e socialmente os territorios rurais polos que pasa. Para a autora, nos estudos xacobeos con enfoque territorial hai unha carencia na análise das novas dinámicas e transformacións socio-territoriais que crea o Camiño, o estudo dos novos perfís de peregrinos e na adaptación dos territorios rurais a esta nova realidade.

Estas transformacións, detallou a USC nun comunicado, reflíctense en cambios demográficos, económicos e simbólicos nos espazos rurais. Por iso, a autora usa como hipótese que o Camiño actúa como axente dinamizador e responsable dun “certo Renacemento de determinas áreas rurais galegas”. “Ofrece un modelo que outros territorios rurais poderían adaptar, pero non unha fórmula simple que garanta o éxito”, matizou a autora, que remarcou que os resultados da investigación amosan que o Camiño pode actuar como motor de transformación rural.

Así mesmo, recala que o Camiño levou beneficios económicos a moitas comunidades rurais, coa creación de emprego, estimulación do investimento e oferta de alternativas aos sectores agrícolas en declive, pero por outro estes beneficios distribúense de forma desigual entre territorios e poboación. Por iso, a autora considera que o potencial como mecanismo de desenvolvemento rural “depende de enfoques de gobernación que garanta a participación comunitaria, a distribución equitativa dos beneficios e a xestión sustentable dos recursos”.

O proxecto, financiado pola Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións, usou unha metodoloxía mixta que combina técnicas de investigación cuantitativa e cualitativa para captar tanto os procedementos obxectivos como as percepcións e representacións sociais asociados ao impacto do Camiño de Santiago no mundo rural.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...