InicioSANTIAGOOs Reis Magos aterran en Lavacolla con ilusión e fan a última...

Os Reis Magos aterran en Lavacolla con ilusión e fan a última recollida de cartas no aeroporto

As súas Maxestades aterraron no Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro pasadas as 11:00 e recibiron a decenas de nenos antes da Cabalgata

Publicado o

Xornal de Compostela

Os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados polos seus paxes, aterraron este luns, cinco de decembro, no Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, nunha xornada marcada pola ilusión infantil e os preparativos previos á noite máis agardada do Nadal. A chegada produciuse pasadas as 11:00, nun voo procedente de Oriente.

En terra agardábaos a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, xunto con representantes dos grupos municipais. Á saída da terminal, un grupo de nenos e nenas recibiu á comitiva con cartas de última hora, saúdos e fotografías, antes de que As súas Maxestades se desprazasen ao Espazo Cultural do aeroporto.

Alí, arredor de corenta menores déronlles a benvida entre aplausos e pancartas con mensaxes como ‘Reis Magos, esta noite queremos soñar’ ou ‘Benvidos á nosa terra, podedes aterrar’. Melchor, Gaspar e Baltasar sentáronse para atender persoalmente aos rapaces, recoller as misivas atrasadas e escoitar os seus desexos. Mentres, os paxes repartiron caramelos e un libro de agasallo elaborado por Aena.

Entre as peticións máis repetidas figuraron libros, xogos de mesa, cartas Pokémon, a Nintendo Switch ou bonecas das Guerreiras K-pop, aínda que tamén houbo solicitudes menos materiais, como “ter un ano feliz” ou “saúde para a familia”. Moitos dos nenos aseguraron que “se portaron moi ben este ano” ao facer a súa entrega.

En declaracións aos medios, o Rei Meigo Gaspar afirmou que “lles gusta” regresar a Galicia, destacando a visita á Catedral de Santiago e a gastronomía local. Tras o acto no aeroporto, os Reis Magos anunciaron que descansarán unhas horas antes da Cabalgata, xa que lles agarda unha noite “moi atarefada”. “O avión vén cargado de agasallos e creo que veñen outros 20 ou 30 máis de camiño”, sinalou Gaspar.

Antes de despedirse, As súas Maxestades lembraron aos nenos a importancia de “seguir portándose tan ben como este ano” e de “deitarse cedo” para facilitar o reparto de agasallos durante a noite.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...