InicioSANTIAGOO pleno de Santiago aproba unha declaración sobre Medicina para evitar novas...

O pleno de Santiago aproba unha declaración sobre Medicina para evitar novas titulacións xurdidas unilateralmente

"O futuro da formación médica en Galicia require diálogo, consenso e planificación a medio e longo prazo", defende a declaración institucional

Publicado o

Xornal de Compostela

A corporación municipal de Santiago aprobou unha declaración institucional coa que chaman a “respectar a autonomía universitaria da USC” e demandan un “compromiso” a todas as institucións para alcanzar un acordo coa universidade compostelá que “peche o camiño” a novas titulacións en Galicia que sexan froito de “actuacións unilaterais”.

Este texto recibiu o visto e prace de todas as formacións representadas no pleno, BNG e Compostela Aberta –que gobernan en bipartito–, PP, PSOE e edilas non adscritas. Con el, expresan o apoio municipal á USC e á Facultade de Medicina “como referente docente e investigador no ámbito biosanitario”.

“O futuro da formación médica en Galicia require diálogo, consenso e planificación a medio e longo prazo”, defende a declaración institucional, que pide unha “actuación consensuada” de face á impartición descentralizada, así como garantir os dereitos do estudiantado.

Deste xeito, demandan que o alumnado conte con seguridade xurídica, voluntariedade na mobilidade e igualdade de condicións na avaliación e no seguimento académico.

O texto insiste no respecto da “autonomía universitaria” da USC e insta a todas as institucións a non tomar “decisións unilaterais” que afecten á “organización e calidade” dos estudos. Tamén lles esixe un “compromiso” de que calquera acordo coa USC “peche o camiño” a “actuacións unilaterais” de creación de novas titulacións ou estruturas docentes en Galicia.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...