InicioSANTIAGOA Asociación Cultural Rocha Forte convoca unha charla sobre alternativas aos antibióticos...

A Asociación Cultural Rocha Forte convoca unha charla sobre alternativas aos antibióticos na crianza de polos

A Catedrática da USC Marta Lores e a vicepresidenta de Rivadulla S.L., Carmen Carpinteiro, abordarán na Rocha o uso de extractos de uva na alimentación avícola

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación Cultural Rocha Forte celebra mañá venres 12 de decembro, ás 19:00, unha sesión divulgativa centrada na alimentación dos polos en granxas e nas posibles alternativas aos antibióticos. A actividade, baixo o título ‘Ciencia e empresa. Albariño na avicultura: extractos de uva na cría de polo. ¿Antibióticos ou bagazo?’, terá lugar no Centro Sociocultural da Rocha.

A charla, que conta coa colaboración do Concello de Santiago, contará coa participación de Marta Lores, catedrática da USC e directora científica de i-Grape, quen explicará o estado da investigación sobre o uso de extractos derivados da uva como complemento alimentario en avicultura. Xunto a ela intervirá Carmen Carpinteiro, vicepresidenta de Rivadulla S.L., que achegará a visión empresarial sobre a implantación deste tipo de produtos.

ÚLTIMAS

Maite Flores propón a Xosé Antón Freire como xerente da USC se gaña as eleccións do día 11

A catedrática de Óptica e candidata á Reitoría da USC, Maite Flores, anunciou que...

Santiago conmemora o 8M cunha campaña centrada en Begoña Camaño e actividades participativas en toda a cidade

O Concello de Santiago presentou este martes o programa de actividades co gallo do...

Borja Verea acusa a Goretti Sanmartín de “enfadarse por gañar” e pídelle que vote a favor da concesión da auga

O portavoz do Partido Popular no Concello de Santiago, Borja Verea, cargou este luns...

Marta Abal reclama desbloquear a concesión do servizo de auga en Santiago ante unha rede “crítica e insostible”

A concelleira do Grupo Municipal Socialista en Santiago, Marta Abal, advertiu este martes en...

Maite Flores propón a Xosé Antón Freire como xerente da USC se gaña as eleccións do día 11

A catedrática de Óptica e candidata á Reitoría da USC, Maite Flores, anunciou que...

Santiago conmemora o 8M cunha campaña centrada en Begoña Camaño e actividades participativas en toda a cidade

O Concello de Santiago presentou este martes o programa de actividades co gallo do...

A USC lidera unha rede estatal para analizar e frear o despoboamento na ‘España baleirada’

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) destacou este martes a súa participación na...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here