InicioECONOMÍAA Xunta destina 754.000 euros á investigación lingüística e renova o apoio...

A Xunta destina 754.000 euros á investigación lingüística e renova o apoio ao Imelga

O Consello achega 754.000 euros para a colaboración do tres universidades no Centro Ramón Piñeiro ata 2029.

Publicado o

Xornal de Compostela
O Consello da Xunta, presidido por Alfonso Rueda, aprobou diversos acordos en materia de sanidade, xustiza, investigación e lingua.

XUSTIZA E COLABORACIÓN FORENSE
A Xunta renovou a colaboración entre o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) e o Instituto de Ciencias Forenses Luís Concheiro, cun orzamento que alcanzará os 400.000 euros para o próximo ano. O acordo garante a realización de probas de toxicoloxía, xenética forense (investigación de paternidade e xenética criminal) e análises de alcoholemia solicitadas polas autoridades xudiciais ou médicos forenses.

INVESTIGACIÓN E LINGUA GALEGA
O Consello achegará 754.000 euros para seguir impulsando a colaboración das tres universidades galegas no programa de investigación lingüística do Centro Ramón Piñeiro (período 2026-2029). Os proxectos céntranse na terminoloxía científico-técnica e literatura (USC), novas tecnoloxías (UVigo) e o dicionario histórico etimolóxico (UDC).Ademais, destinaranse máis de 120.000 euros para fortalecer a proxección exterior da lingua galega coas universidades Sorbona (París) e São Paulo (Brasil), financiando a dotación de lectores de lingua, literatura e cultura galegas.

EXTINCIÓN DO INGO
O Executivo galego aprobou o decreto de extinción da Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía (Ingo). O persoal e as actividades da fundación integraranse na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

ÚLTIMAS

Non hai Roma sen Santiago, nin Santiago sen Roma: unha pequena biografía das dúas cidades

Dúas "pequenas biografías" sobre o desenvolvemento de Santiago e Roma durante os Anos Santos...

Atropelada unha menor na rúa do Hórreo en Santiago de Compostela

Unha menor resultou ferida na mañá deste martes ao ser atropelada na rúa do...

Santiago reabre os parques pechados pola alerta amarela

O Concello de Santiago anunciou esta mañá o peche temporal dos parques municipais debido...

O Concello de Ames inicia a venda das entradas da Festa de Fin de Ano con 320 billetes xa adquiridos nas primeiras horas

O Concello de Ames abriu esta mañá, ás 10:00, o prazo para facerse coas...

A UDC reclama unha resposta “clara” da USC e advirte que manterá a súa folla de ruta para Medicina

A Universidade da Coruña (UDC) situou de novo no foco o futuro da titulación...

A Feira Talentia supera as 25.000 visitas web e esgota a formación online a dous días da súa apertura

A Feira Talentia, organizada polo Concello de Santiago, encara a súa celebración entre o...

O Concello continúa as reunións coa veciñanza para abordar obras e melloras en varios barrios de Santiago

O Concello de Santiago celebrou esta semana dúas novas xuntanzas cos barrios, encontros que...