InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOUlloa Viva leva ao Parlamento a súa demanda de "carpetazo definitivo" ao...

Ulloa Viva leva ao Parlamento a súa demanda de “carpetazo definitivo” ao proxecto de Altri

A plataforma reuniuse con todos os grupos (PP, BNG, PSdeG e DO) para pedir o peche do Proxecto Industrial Estratéxico

Publicado o

Xornal de Compostela

A Plataforma Ulloa Viva mantivo este martes no Pazo do Hórreo encontros con todos os grupos parlamentarios, aos que o presidente do colectivo, Juan Pedro Sánchez, convidou a participar o próximo 14 de decembro en Santiago na manifestación convocada por Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa baixo a lema ‘Do río ata o mar. Polas que somos e polas que virán. Altri Non. Fóra Xa’. Segundo informou nun comunicado, Ulloa Viva trasladou no Parlamento galego a preocupación dos veciños porque “o proxecto non está parado”. “Traballamos e traballaremos para que se dea carpetazo definitivo a un plan que xa deixamos claro que non ten lexitimidade social”, esgrimiu.

Os membros de Ulloa Viva reuníronse cos deputados Cristina, Sanz, Gonzalo Trenor e Miguel Lorenzo, do Grupo Popular, nun encontro no que a plataforma lles trasladou a “preocupación” dos veciños nas zonas afectadas polo proxecto de Altri. Tamén lles lembrou a responsabilidade da Xunta para “pechar” o proxecto de Altri en aspectos “pendentes” como a petición da captación de 46 millóns de litros de auga diarios do encoro de Portodemouros, a Autorización Ambiental Integrada (AAI) pendente da Xunta e a aprobación definitiva do Proxecto Industrial Estratéxico (PIE) no Consello da Xunta.

Os membros da directiva da plataforma agradeceron a “cordialidade” no encontro e pediron unha “canle de contacto” co grupo parlamentario popular para seguir trasladando as “preocupacións, inquietudes e demandas” dos veciños afectados polo proxecto da macrocelulosa. Tamén aproveitaron desde Ulloa Viva para lembrarlles aos deputados populares que “hai anos” que solicitaron un encontro coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, “para o que de momento non houbo resposta algunha“. Con respecto ao Grupo Parlamentario do BNG, reuníronse coa plataforma o seu portavoz, Ana Pontón, e o deputado Luís Bará.

PREOCUPACIÓN VECIÑAL

No encontro a plataforma trasladoulle ao BNG o programa de actividades que está a desenvolver de face á mobilización do próximo 14 de decembro. Os deputados nacionalistas analizaron tamén coa Plataforma as últimas noticias ao redor da tramitación do proxecto de Altri en Palas de Rei, e trasladáronlle a preocupación veciñal porque tanto a Xunta como Altri “non desisten de implantar o proxecto”.

Desde o BNG, o deputado Luís Bará explicou a Ulloa Viva que este mércores defenderá unha iniciativa no pleno do Parlamento demandando precisamente o arquivo do proxecto.

O FOCO NA MOBILIZACIÓN DO 14

Tamén mantiveron un encontro cos representantes da Xunta Directiva de Ulloa Viva as deputadas socialistas Lara Méndez e Carmen Rodríguez Dacosta, que expresaron o seu apoio á mobilización convocada por Ulloa Viva e a PDRA para o próximo 14 de decembro e destacaron “os 3 ‘nons'” do Goberno central ao proxecto de Altri. Ao tempo, comprometeron o seu traballo para que, como demandan os veciños, haxa un “non definitivo” á macrocelulosa por parte da Xunta.

O presidente e o tesoureiro da Plataforma, Juan Pedro Sánchez e Serxio Núñez, mantiveron tamén un encontro co deputado de Democracia Ourensá (DO), Armando Ojea, integrante do Grupo Mixto, co que trataron sobre as implicacións do proxecto na provincia de Ourense e a situación actual da tramitación administrativa da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei.

Ulloa Viva aproveitou tamén para, como noutras mobilizacións anteriores, convidar a Ojea a que asista o próximo 14 de decembro en Santiago á manifestación prevista.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

O Concello asegura que a maior parte das prazas de estacionamento de Xoán XXIII “están ocupadas” tras as queixas veciñais

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, confirmou...

A IA entra na Catedral de Santiago da man dun servizo de tradución simultánea

A Catedral de Santiago estrea un servizo de tradución simultánea, dirixido ao fieis lle...