InicioSANTIAGOEstes serán os horarios ampliados das bibliotecas da USC durante o período...

Estes serán os horarios ampliados das bibliotecas da USC durante o período de exames

O dispositivo especial manterase ata o 23 de xaneiro con máis de 3.400 postos dispoñibles nos campus de Santiago e Lugo

Publicado o

Xornal de Compostela

O período extraordinario de apertura das bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela arranca este sábado, 6 de decembro, coincidindo co inicio da preparación intensiva dos exames do primeiro semestre. A USC pon en marcha un operativo que se prolongará ata o 23 de xaneiro e que ofrece ao alumnado unha capacidade superior ás 3.400 prazas de estudo distribuídas entre distintos espazos dos campus de Santiago e Lugo.

A institución académica destaca que toda a información actualizada sobre dispoñibilidade de postos pode consultarse no web da Biblioteca Universitaria, no apartado ‘Postos libres na BUSC’, que se renova aproximadamente cada hora. Estes datos tamén poden revisarse a través da conta de BlueSky ‘BUSCHorarios’ e da app oficial da USC, dentro da lapela Destacado. Os horarios de cobertura xeral van de 9:00 a 21:00 de luns a venres e de 9:00 a 19:00 durante fins de semana e festivos, sempre nas bibliotecas incluídas na quenda correspondente.

A ampliación estrutúrase en tres períodos diferenciados, que combinan aperturas totais, parciais e peches segundo a dispoñibilidade de cada centro. Entre o 6 e o 8 de decembro, permanecerán abertas a Biblioteca Concepción Arenal (8:30–22:00), a Sala de Estudo de Dereito (8:30–00:00) e a Biblioteca Xeral, que manterá o seu horario habitual.

Do 9 ao 19 de decembro, incrementarase de maneira significativa a oferta, con apertura diaria da Concepción Arenal e da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (ambas de 8:30 a 22:00). A isto súmanse os horarios ampliados das facultades de Matemáticas e ETSE (8:30–21:30 de luns a venres), a Biblioteca de Bioloxía (8:30–22:00 tamén de luns a venres), a Sala de Estudo de Dereito (8:30–00:00 toda a semana) e a Biblioteca Xeral (8:30–21:30 en días laborables).

A partir do 20 de decembro e ata o 31, entrará en vigor o dispositivo de Nadal, que mantén a Concepción Arenal aberta con horarios adaptados: 9:30–22:00 de luns a venres e 10:00–19:30 en fin de semana, con excepcións especiais os días 24 e 31, cando abrirá só de 8:30 a 15:00. Nese período fecharán Económicas, Matemáticas–ETSE, Bioloxía e a Sala de Estudo de Dereito. A Biblioteca Xeral funcionará de luns a venres entre 9:00 e 20:30, permanecendo pechada os días 24 e 31.

Todas as instalacións da USC estarán pechadas o 25 de decembro, Día de Nadal.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here