InicioSANTIAGOSanmartín chama á prevención na carpa da Asociación Compostelá de Diabéticos

Sanmartín chama á prevención na carpa da Asociación Compostelá de Diabéticos

O Concello colabora coa entidade na xornada polo Día Mundial da Diabetes

Publicado o

Xornal de Compostela

A Praza do Toural acolleu este venres a carpa informativa da Asociación Compostelá de Diabéticos, instalada en colaboración co Concello de Santiago con motivo do Día Mundial da Diabetes. Alí acudiron a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, para coñecer o labor divulgativo da entidade e respaldar a campaña de sensibilización dirixida á veciñanza.

Durante a visita, Sanmartín destacou a importancia de promover hábitos de vida saudables e convidou á cidadanía a achegarse ao posto para recibir información e asesoramento. A rexedora subliñou que iniciativas como esta contribúen a reducir os riscos asociados “a esta doenza silenciosa” e reforzan o papel do asociacionismo na difusión de actividades enfocadas na prevención e no coidado da saúde.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda comeza a desmontarse no Obradoiro

A acampada pola vivenda de Santiago de Compostela iniciou a recollida e reorganización do...

Denuncian no Obradoiro que a Policía acurralou e golpeou manifestantes tras a marcha do 11N

Unha trintena de persoas concentrouse este sábado na praza do Obradoiro, en Santiago de...

Feijóo promete en Santiago que “non volverá haber corrupción” se goberna o PP en España

Alberto Núñez Feijóo comprometeuse este sábado no Multiusos Fontes do Sar a impulsar a construción...

O PSdeG apela ao voto útil nun encontro con cargos públicos da comarca de Santiago

Os candidatos socialistas Sindo Guinarte e Ana Alvite reuníronse este sábado con cargos públicos...

A Fiscalía pide 30 anos e medio de cárcere para cada un dos dous principais acusados do caso do club ‘San Lázaro II’

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela,...

Santiago supera por primeira vez as 2.000 bolsas de comedor, material escolar e extraescolares

O Concello de Santiago concedeu 2.083 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares...

Buscas emprego na USC? A universidade anuncia 289 prazas públicas para profesorado e persoal de administración

A renovación dos cadros de persoal das universidades públicas constitúe un dos grandes retos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here