InicioSANTIAGOO Concello reúnese con dez asociacións veciñais para explicar a modificación do...

O Concello reúnese con dez asociacións veciñais para explicar a modificación do Plan Especial da Cidade Histórica

O concelleiro Iago Lestegás destaca que o obxectivo é “escoitar as achegas e garantir o equilibrio entre residentes e visitantes”

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago mantivo este luns un encontro coas directivas de dez asociacións veciñais da cidade históricapara presentarlles e recoller as súas observacións sobre a modificación puntual do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica (PE-1), actualmente en fase de exposición pública tras a súa aprobación inicial.

O concelleiro de Urbanismo e Centros Históricos, Iago Lestegás, explicou que esta modificación busca “manter e reforzar o uso residencial que caracteriza a cidade histórica”, así como promover o comercio de proximidade, favorecer novos usos que contribúan á súa dinamización e garantir o equilibrio entre os espazos orientados á veciñanza e aqueles vinculados ao turismo.

Durante a reunión, celebrada co obxectivo de fomentar o diálogo e a participación cidadá, o edil subliñou que o proceso de exposición pública está acompañado dunha comunicación directa con todos os propietarios de inmobles da zona, aos que se lles remitiu unha carta informativa. “Queremos que todas as persoas interesadas poidan facer as súas achegas e propostas antes da aprobación definitiva”, apuntou Lestegás.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here