InicioSANTIAGORenfe habilitará servizo por estrada entre Ourense e Santiago os días 13...

Renfe habilitará servizo por estrada entre Ourense e Santiago os días 13 e 14 de decembro pola renovación do enclavamento da Susana

As obras de Adif obrigarán a interromper o tráfico ferroviario no tramo entre Vedra-Ribadulla e A Grandeira durante dous días

Publicado o

Xornal de Compostela

Renfe modificará temporalmente o servizo ferroviario entre Ourense e Santiago de Compostela os días 13 e 14 de decembro, debido ás obras que Adif realizará no enclavamento de A Susana, situado no termo municipal de Santiago. A intervención forma parte dun proceso de modernización tecnolóxica destinado a mellorar a seguridade e a eficiencia na xestión da circulación ferroviaria.

Durante esas dúas xornadas, non será posible a circulación de trens polo tramo entre Vedra-Ribadulla e A Grandeira, polo que Renfe establecerá servizos alternativos por estrada para garantir a conexión entre ambas cidades. En concreto, dispoñeranse catro autobuses que cubrirán os percorridos correspondentes aos trens Rexional 12960 Ourense–Santiago (16:47) e Rexional 12967 Santiago–Ourense (18:47).

Os billetes e horarios actualizados poden consultarse nos canles habituais de Renfe: taquillas, máquinas autovenda, aplicación móbil, teléfono 912 320 320 e páxina web www.renfe.com.

Segundo informou Adif, o proxecto contempla a substitución do actual enclavamento de A Susana por un novo sistema electrónico, de maiores prestacións e tecnoloxía avanzada, que permitirá xestionar en remoto e en tempo real a señalización e os desvíos da rede ferroviaria. Os traballos inclúen tamén a renovación de elementos de sinalización e o tendido de novas canalizacións e cableado na zona.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here