InicioSANTIAGOO Concello de Santiago desminte a suspensión das vacacións e defende que...

O Concello de Santiago desminte a suspensión das vacacións e defende que só se limitaron novas concesións por falta de efectivos na Policía Local

O departamento de Mobilidade e Convivencia asegura que non se cancelaron permisos xa concedidos e que as instrucións emitidas o 30 de outubro buscaban garantir a seguridade cidadá durante os días do Samaín

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago aclarou esta mañá que “non se cancelaron vacacións nin días de asuntos propios xa concedidos ao persoal da Policía Local”, desmentindo así as informacións que apuntaban a unha suspensión xeral destes dereitos laborais. Segundo indicou o departamento de Mobilidade e Convivencia, a decisión adoptada limítase unicamente a non autorizar novos permisos mentres non se poida garantir a cobertura dos servizos mínimos do corpo.

O executivo local explica que o xefe da Policía Local comunicou o pasado 30 de outubro a imposibilidade de garantir os servizos mínimos, debido á negativa do persoal a realizar horas extraordinarias. Esta situación afectaba, segundo o informe, á cobertura de postos sensibles para a seguridade cidadá, como a vixilancia da sala de pantallas, os atestados ou o mando operativo dos efectivos.

Ante esta circunstancia, o concelleiro de Mobilidade e Convivencia emitiu once instrucións de servizo para asegurar o funcionamento do corpo durante as noites do 30 e 31 de outubro e o 1 e 2 de novembro, datas de especial actividade pola celebración do Samaín. As ordes afectaban a un inspector, un oficial, catro policías de coordinación, un policía de atestados e catro oficiais, aínda que en catro dos casos os requirimentos non foron atendidos.

O Concello detalla tamén que “só dúas das instrucións implicaron a suspensión de permisos xa concedidos”, correspondentes a dous axentes chamados a cubrir quendas de noite o 5 de novembro. Fóra destas dúas situacións concretas, non se modificaron vacacións nin permisos previamente autorizados.

Dende o goberno municipal subliñan que as medidas adoptadas teñen carácter extraordinario e temporal, e que o obxectivo foi “garantir a capacidade operativa da Policía Local e a seguridade cidadá nunha situación non prevista”.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here