InicioSANTIAGOSanmartín destaca en 'Symmetry and Shape' o papel de Santiago como cidade...

Sanmartín destaca en ‘Symmetry and Shape’ o papel de Santiago como cidade do coñecemento e das matemáticas

A alcaldesa recibiu na Casa do Concello os participantes do congreso internacional, que reúne en Compostela especialistas de máis de quince países e rende homenaxe ao profesor Enrique Olmos

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, acompañada por varios membros da Corporación Municipal, recibiu na tarde deste mércores na Casa do Concello un grupo de participantes do congreso internacional ‘Symmetry and Shape’, que reúne na capital galega a investigadores e investigadoras de máis de quince países.

Durante o encontro, Sanmartín reivindicou o papel de Santiago como lugar de coñecemento e de proxección internacional no ámbito das matemáticas, un campo que, segundo subliñou, “mantén en Compostela unha tradición científica con raíces fondas”.

A rexedora lembrou que a cidade acolleu xa no ano 1963 o primeiro coloquio internacional de matemáticas celebrado en España, impulsado polo xeómetra Enrique Vidal Abascal, figura clave na historia da disciplina no país.

Nesta quinta edición de ‘Symmetry and Shape’, Sanmartín destacou tamén a honra que supón para Santiago recibir ao profesor Enrique Olmos, homenaxeado nesta convocatoria e recoñecido internacionalmente polo seu labor investigador. O congreso consolídase así como un punto de encontro de referencia para a comunidade matemática e reforza a imaxe de Compostela como cidade universitaria e científica.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here