InicioSANTIAGOA alcaldesa celebra o adiamento do grao de Medicina na UDC e...

A alcaldesa celebra o adiamento do grao de Medicina na UDC e pide cumprir o acordo de docencia descentralizada

A alcaldesa defende que a facultade compostelá debe seguir sendo a única en Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, valorou este mércores como “unha boa noticia” a decisión da Universidade da Coruña de adiar a implantación do grao en Medicina. A rexedora participou no acto simbólico de colocación da primeira pedra da nova Facultade de Farmacia da USC, onde respondeu tamén ás preguntas dos medios sobre outros asuntos de actualidade municipal.

Sanmartín expresou a súa satisfacción pola posibilidade de avanzar “cara a un consenso” sobre a estrutura dos estudos médicos en Galicia e reiterou a posición do Goberno local: “O acordo pasa porque haxa unha única facultade de Medicina, pero con docencia descentralizada nos últimos anos”. Nese sentido, defendeu que “todo o mundo ten que cumprir a súa parte”, destacando que a Universidade de Santiago debe “potenciar, fomentar e comprometerse” con esa descentralización, mentres que o resto das universidades deben “respectar o acordo”.

A alcaldesa insistiu en que esta visión “non soprará a Santiago”, xa que, segundo dixo, “a facultade de Medicina é a facultade de todo o sistema universitario galego”.

SOBRE A SITUACIÓN DO PARQUE DE BOMBEIROS

En canto á situación do Parque de Bombeiros, Sanmartín recoñeceu a preocupación do Goberno local pola falta de efectivos, aínda que asegurou que o servizo “estivo operativo todos estes días”. Explicou que o Concello “está a traballar de maneira intensa” para completar o expediente que permita pagar as horas extraordinarias e levar a proposta a pleno, previsiblemente nunha sesión extraordinaria durante o mes de novembro.

A rexedora adiantou tamén que o grupo de traballo municipal segue a negociar co colectivo de bombeiros para atender as súas demandas. “Temos toda a urxencia e vontade de chegar a acordos, e esperamos que sexa máis cedo que tarde”, afirmou.

Preguntada polas declaracións do concelleiro de Seguridade, Sanmartín descartou discrepancias internas e subliñou que “o goberno traballa de maneira conxunta e colaborativa”. Ademais, apuntou que, a medio prazo, o Executivo municipal está a estudar fórmulas para incrementar o número de efectivos tanto na Policía Local como nos Bombeiros: “Fomos ao máximo que nos permitía a taxa de reposición, e precisamos unha incorporación importante que é a verdadeira solución estrutural”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

Abre ao tráfico o primeiro treito da prolongación da AG-59 entre Santiago e A Estrada

A prolongación da autovía AG-59, entre Santiago e A Estrada, porá este mércores, 22...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here