InicioSANTIAGOA Fiscalía reclama dous anos e medio de prisión para un mozo...

A Fiscalía reclama dous anos e medio de prisión para un mozo por un accidente mortal ocorrido en Santiago en 2020

O acusado será xulgado o venres na Audiencia Provincial da Coruña por un delito de homicidio imprudente e abandono do lugar do sinistro, no que faleceu un home e outro resultou ferido

Publicado o

Xornal de Compostela

A Fiscalía solicita dous anos e seis meses de prisión para un mozo acusado dun delito de homicidio imprudente e outro de abandono do lugar do accidente, a raíz dun suceso ocorrido en outubro de 2020 no termo municipal de Santiago de Compostela, no que faleceu o condutor dun vehículo e outro home resultou ferido.

O xuízo terá lugar o vindeiro venres na Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago. Ademais da pena de cárcere, o Ministerio Público pide seis anos de privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores.

Segundo o escrito de acusación, os feitos ocorreron arredor das 01:30 horas, cando o acusado conducía un coche en dirección a Boqueixón acompañado por outras catro persoas, despois dunha noite de ocio. A Fiscalía sostén que o mozo circulaba a unha velocidade superior á permitida e baixo os efectos dunha substancia que alterara o seu estado psicofísico, aínda que non se determinou cal nin en que concentración.

No momento en que un Mercedes tentou adiantalo, o acusado incrementou a velocidade para impedilo, o que provocou que o outro condutor perdera o control do vehículo e colidise frontalmente cun terceiro coche, cuxo condutor morreu no acto.

A pesar das advertencias dos pasaxeiros, o acusado continuou a súa marcha ata o destino. Non obstante, ao día seguinte contactou coa Garda Civil, identificouse e amosou a súa disposición a colaborar coa investigación.

O condutor do Mercedes tivo que ser excarcerado polos bombeiros e trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, onde foi diagnosticado de fractura de húmero dereito e paresia do nervio radial. Tras varios días ingresado, recibiu o alta médica.

A Fiscalía reclama, ademais, unha multa de 10 meses con cota diaria de 10 euros polas lesións imprudentes causadas ao outro condutor. O escrito subliña que a conduta do acusado, ademais de imprudente, implicou un claro desleixo das súas obrigas de auxilio tras un accidente con vítimas graves.

ÚLTIMAS

Rueda visita unha panadaría de Santiago tras os incidentes na folga do 11N: “Tan importante é o dereito á folga como a traballar”

O dereito á folga e o dereito a traballar volveron situarse este martes no...

O comité de Tralusa e delegados de Aulusa denuncian “escurantismo” sobre o contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela comeza a xerar preocupación...

A USC acumula 85 estudantes en lista de espera para recibir atención psicolóxica

A Universidade de Santiago de Compostela ten actualmente 85 persoas en lista de espera...

Fly2Galicia asegura que están garantidos os voos a partir do 1 de decembro cun único avión de White Airways

A turoperadora Fly2Galicia asegura que manterá a programación de voos chárter desde o aeroporto...

Rueda visita unha panadaría de Santiago tras os incidentes na folga do 11N: “Tan importante é o dereito á folga como a traballar”

O dereito á folga e o dereito a traballar volveron situarse este martes no...

A USC acumula 85 estudantes en lista de espera para recibir atención psicolóxica

A Universidade de Santiago de Compostela ten actualmente 85 persoas en lista de espera...

Santiago multiplica os visados para construír vivendas: un crecemento do 405 % en nove meses

O visado de novas vivendas para construír en Santiago de Compostela disparouse un 405...