InicioSANTIAGOO reitor da USC participa en Colonia na novena Asemblea de Reitores...

O reitor da USC participa en Colonia na novena Asemblea de Reitores e Reitoras da Universidade Europea para o Benestar (EUniWell)

Antonio López destacou o compromiso da Universidade de Santiago coa colaboración internacional en educación, investigación e benestar no marco do quinto aniversario da Alianza

Publicado o

Xornal de Compostela

O reitor da USC, Antonio López Díaz, participou esta semana na novena Asemblea de Reitores e Reitoras da Universidade Europea para o Benestar (EUniWell), celebrada en Colonia. O encontro reuniu a máximos representantes académicos, vicerreitoras, estudantado e persoal das institucións que forman parte da Alianza, centrada na cooperación universitaria europea arredor da investigación, a educación e o benestar social.

A delegación da USC estivo integrada tamén pola vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso; a adxunta para Internacionalización, Belén Méndez Naya; o coordinador institucional de EUniWell, José María Miranda Boto, e o estudante Carlos Arjona, representante da universidade compostelá no Consello do Estudantado da Alianza.

Durante a reunión, os reitores e reitoras intercambiaron experiencias sobre a evolución de EUniWell como comunidade colaborativa impulsada pola investigación, que procura vincular o benestar co avance científico e o impacto social. A directora de Desenvolvemento de EUniWell, Beatrix Busse, salientou que “comezamos cunha idea e hoxe somos unha Universidade Europea para o Benestar, preparada para o seguinte capítulo: EUniWell 2030”, en referencia ao novo marco estratéxico do consorcio.

O encontro serviu tamén para avaliar os logros acadados durante o primeiro lustro de funcionamento e para reafirmar o compromiso das universidades integrantes coas tres liñas prioritarias da Alianza: converterse na voz do benestar, consolidarse como Universidade Europea e construír comunidades activas e comprometidas.

A asemblea tivo lugar na véspera dos actos conmemorativos do quinto aniversario de EUniWell, que incluíron a conferencia Celebrating Five Years of EUniWell e o festival FestiWell. Estes eventos reuniron a máis de douscentos representantes das institucións socias e puxeron en valor a contribución da investigación, da educación e do compromiso cívico na construción dun futuro europeo máis sustentable e equitativo.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here