InicioSANTIAGOO parque de bombeiros de Santiago queda inoperativo por falta de persoal

O parque de bombeiros de Santiago queda inoperativo por falta de persoal

A plantilla denuncia unha "mala xestión prolongada" e advirte de que a cidade "queda sen servizo operativo" tras un fin de semana de emerxencias simultáneas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Parque de Bombeiros de Santiago de Compostela permaneceu este luns sen servizo operativo por falta de efectivos, segundo denunciaron os propios profesionais a través das redes sociais. A situación prodúcese despois dun fin de semana especialmente complicado, no que a coincidencia de dous incendios —un nunha hamburguesería do centro e outro nun vagón de tren na estación intermodal— puxo en evidencia a escaseza de persoal dispoñible para atender emerxencias simultáneas.

Segundo explicaron ao medio El Correo Gallego, o turno deste luns contaba unicamente con tres bombeiros de servizo, ningún deles con rango de mando, o que impide cumprir os procedementos internos que establecen mínimos obrigatorios en cada intervención.

Nunha publicación en Instagram, o corpo compostelán advertiu da gravidade da situación: “Por primeira vez desde 1921, o Parque de Bombeiros de Santiago de Compostela, capital de Galicia, cidade Patrimonio da Humanidade e centro de peregrinación mundial, permanece inoperativo por falta de persoal”. Engaden que, desde as 22:00 horas do domingo, “a cidade queda sen servizo de bombeiros operativo, deixando á súa sorte a veciños, visitantes e un patrimonio de valor incalculable”.

Os profesionais sinalan que esta circunstancia é consecuencia dunha “mala xestión prolongada no tempo” e da “falta de resposta ás reiteradas peticións de reforzo de persoal”. “É un feito sen precedentes en ningunha cidade galega”, aseguran, subliñando que “detrás de cada aviso que non se pode atender hai persoas que confían en nós, e bombeiros que queren facer o seu traballo pero non contan cos medios nin cos efectivos necesarios”.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here