InicioSANTIAGOO Plan Xacobeo recibe en Compostela un grupo de estudantes participantes na...

O Plan Xacobeo recibe en Compostela un grupo de estudantes participantes na iniciativa ‘O teu Camiño’ da Fundación Galega contra o Narcotráfico

A actividade, centrada en valores de convivencia e vida saudable, contou coa presenza do director da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa

Publicado o

Xornal de Compostela

A Praza do Obradoiro acolleu este venres a chegada dun grupo de estudantes e profesorado de ESO de distintos centros de Vilanova e Vilagarcía de Arousa, participantes na iniciativa ‘O teu Camiño’, promovida pola Fundación Galega contra o Narcotráfico (FGCN). O grupo foi recibido polo director da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa, quen lles deu a benvida ao final da súa etapa do Camiño, iniciada na Carballeira de Francos (Teo).

Durante o encontro, De la Campa destacou o valor educativo e social do proxecto, que combina o percorrido xacobeo co fomento da convivencia, o respecto, a solidariedade e os hábitos de vida saudable. Sinalou tamén que esta actividade “contribúe a achegar aos máis novos ao espírito e ás dimensións culturais, relixiosas, históricas e patrimoniais do Camiño de Santiago, así como ao seu valor paisaxístico”.

O programa ‘O teu Camiño’ terá continuidade a finais de novembro, cando se sumen estudantes de Cambados, Ribeira e A Estrada, entre outras localidades.

O director do Plan Xacobeo felicitou a Fundación Galega contra o Narcotráfico pola súa implicación na difusión dos valores xacobeos, que se manifesta non só nestas andainas, senón tamén noutras accións complementarias como exposicións fotográficas e un certame de relato curto, coas que se promove o compromiso social e educativo vinculado ao Camiño.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here