InicioSANTIAGOO padroado do Refuxio de Bando avala a eutanasia de tres cans...

O padroado do Refuxio de Bando avala a eutanasia de tres cans perigosos por recomendación veterinaria

A decisión, aprobada por maioría absoluta, inclúe tamén a creación de dous novos canís de seguridade e a actualización dos protocolos de manexo animal

Publicado o

Xornal de Compostela

O Padroado do Refuxio de Bando aprobou por maioría absoluta (11 de 15 votos) a recomendación da veterinaria responsable para aplicar a eutanasia a tres cans considerados perigosos, un deles implicado no ataque rexistrado a semana pasada contra un traballador das instalacións. A decisión foi adoptada despois de analizar os informes veterinarios e de informar previamente dos feitos aos membros do organismo.

Segundo explicaron dende o Concello de Santiago, que ostenta a presidencia do padroado, o acordo inclúe tamén a actualización dos criterios que se viñan aplicando en casos deste tipo, para adecuarse á Lei estatal de Benestar Animal. A partir de agora, as actuacións de eutanasia deberán contar unicamente co informe técnico da veterinaria e co visto e prace da dirección do refuxio, sen necesidade de novos trámites adicionais.

O padroado tamén deu conta da decisión de ampliar as instalacións con dous novos canís de seguridade, que se sumarán ao xa existente, co obxectivo de mellorar a xestión dos animais con comportamento agresivo. Así mesmo, aprobouse a revisión e actualización do protocolo xeral de actuación, co fin de recoller nun único documento as normas e indicacións relativas ao manexo dos animais no centro.

Tanto o Concello de Santiago como a dirección do Refuxio de Bando lembraron que acompañaron dende o primeiro momento o traballador ferido no ataque e reiteraron o seu compromiso coa seguridade do persoal e co cumprimento das normativas vixentes en materia de benestar animal.

ÚLTIMAS

O persoal do comercio de alimentación maniféstase en Santiago para reclamar melloras laborais e salariais

As rúas de Santiago acolleron este sábado unha manifestación de traballadores e traballadoras do...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here