InicioSANTIAGOA Cidade da Cultura inaugura o I Congreso Internacional de Medicina Clínica

A Cidade da Cultura inaugura o I Congreso Internacional de Medicina Clínica

O encontro reúne en Santiago a máis de 700 estudantes e profesionais sanitarios para debater os principais retos da medicina actual

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cidade da Cultura acolleu esta mañá a apertura da primeira edición do Congreso Internacional de Medicina Clínica (CIMEC), promovido pola Comunidade Médica en Formación e apoiado polo Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). Baixo o lema “Formar hoxe ao médico de mañá”, o evento reunirá en dous días a máis de 700 estudantes, médicos e profesionais de todo o Estado, con relatorios de especialistas de prestixio internacional.

A mesa inaugural contou coa presenza do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, quen destacou que “Galicia é un bo sitio para formarse e traballar”, lembrando que a comunidade ofrece 682 prazas de formación sanitaria especializada e estreará este ano a residencia en Medicina de Urxencias. Tamén interveu a directora do IDIS, Isabel Lista García, que puxo en valor a investigación traslacional como motor para levar os avances científicos á práctica clínica. Pola súa banda, o decano de Medicina da USC, José Carreira Vilamor, subliñou a importancia de iniciativas que fortalezcan a docencia e a implicación da comunidade universitaria.

O congreso abriu o seu programa coa conferencia do bioquímico Mariano Barbacid, referente internacional na investigación oncolóxica. Seguíronlle relatorios do endocrinólogo Manel Puig e do cardiólogo Josep Brugada, especialista en arritmias. Xa pola tarde, será a quenda do hepatólogo Jorge Quiroga e da experta en medicina deportiva Raquel Blasco.

O programa inclúe un total de dez conferencias maxistrais, con figuras como Ángel Carracedo, Verónica Casado, Miguel Sanmamed, Michel Kahaleh e Magda Campins, ademais de obradoiros prácticos e sesións científicas abertas a estudantes e residentes, con premios ás mellores comunicacións. Entre os temas previstos destacan o maneixo integral do paciente complexo, a medicina baseada na evidencia, a inmunoterapia ou os avances en cancro de páncreas, situando a Compostela como punto de encontro internacional para o debate sobre o futuro da medicina clínica.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here