InicioSANTIAGOO Concello lanza o concurso para transformar o conector central de Compostela

O Concello lanza o concurso para transformar o conector central de Compostela

O proxecto prevé reducir o tráfico de paso e priorizar a mobilidade peonil no ámbito entre San Clemente e Santa Clara

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago presentou este martes o concurso internacional de ideas para a transformación do denominado conector central, un ámbito urbano de máis de 45.000 metros cadrados que se estende entre San Clemente e Santa Clara, atravesando o centro histórico e puntos clave como a Praza de Galicia ou a Porta do Camiño. O obxectivo é, segundo a alcaldesa Goretti Sanmartín, iniciar “un proceso que vai marcar o futuro histórico do desenvolvemento urbano de Compostela, mudando a relación do centro co resto dos barrios e mellorando a calidade de vida da veciñanza”.

Na presentación participaron tamén o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás; o delegado en Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Ángel Cid, e o enxeñeiro de Camiños experto en mobilidade Fernando Nebot.

O concurso desenvolverase en dúas fases: na primeira, aberta ata o 7 de novembro, poderán concorrer todos os equipos que acrediten solvencia técnica e económica. Entre as propostas iniciais seleccionaranse cinco, que avanzarán a unha segunda fase na que deberán presentar un anteproxecto. O equipo gañador recibirá 50.000 euros, mentres que os catro restantes contarán con 30.000 euros cada un como accésits.

O concelleiro Lestegás explicou que a orientación básica é “acceder si, atravesar non”: será posible entrar en vehículo privado por necesidades concretas, mais non utilizalo como atallo entre o norte e o sur da cidade. O transporte público, vehículos de emerxencia, residentes, taxis ou mercadorías si poderán circular, mais a prioridade será a mobilidade peonil e a creación de novos espazos verdes, con sistemas permeables que melloren a resiliencia ante o cambio climático.

O representante do COAG, Ángel Cid, subliñou que o concurso debe ser entendido como “un proceso de reflexión colectiva” no que se implique tamén a cidadanía. Pola súa banda, o enxeñeiro Fernando Nebot destacou que o espazo público é “un dereito equiparable á sanidade ou á educación” e defendeu un cambio de paradigma urbano que sitúe ás persoas que camiñan no centro das prioridades.

A primeira execución concreta tras o concurso prevese nos tramos entre a Praza de Galicia e a Porta do Camiño, considerados estratéxicos para a reorganización da mobilidade en Compostela.

REUNIÓN SOBRE A TAXA TURÍSTICA

Paralelamente, o Concello informou de que onte tivo lugar unha reunión de traballo coa asociación Unión Hotelera para resolver dúbidas sobre a taxa turística, que entrará en vigor o 1 de outubro. Na xuntanza participaron a concelleira de Turismo Míriam Louzao, o edil de Facenda Manuel César, o tesoureiro municipal Carlos Moure e persoal técnico. O encontro, segundo fontes municipais, foi “cordial e produtivo” e dá continuidade ao proceso de diálogo mantido co sector durante os últimos meses.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here