InicioSANTIAGOUCIN Santiago pide que o novo contrato do transporte urbano garanta a...

UCIN Santiago pide que o novo contrato do transporte urbano garanta a accesibilidade das persoas cegas

A formación propón avisos sonoros, botóns en braille, tecnoloxías adaptadas e formación específica do persoal condutor

Publicado o

Xornal de Compostela

UCIN Santiago reclamou ao Concello que o novo contrato do servizo de transporte urbano incorpore medidas específicas para mellorar a accesibilidade das persoas cegas e con discapacidade visual. A formación lembra que o sistema actual segue a presentar limitacións importantes, como a ausencia de avisos sonoros, a falta de tecnoloxías adaptadas e a escasa formación do persoal condutor, o que supón un obstáculo diario para moitos usuarios e usuarias.

Entre as medidas que propoñen destacan a implantación de avisos sonoros automáticos no interior e exterior dos autobuses, que informen da liña e das paradas, así como a colocación de botóns en braille e en relevo para solicitar a baixada. Tamén defenden o uso de ferramentas como Navilens, un sistema xa empregado noutras cidades que permite identificar buses e paradas a través do móbil, e a posta en marcha de programas de formación dirixidos ao persoal condutor para mellorar a atención a persoas con discapacidade visual.

O coordinador local, Diego Adrián Mallo, sinalou que “un transporte público que non é accesible, non pode considerarse verdadeiramente público. Se queremos unha cidade inclusiva e xusta, debemos garantir que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades de desprazarse con dignidade e autonomía”.

Desde UCIN Santiago subliñan que estas actuacións non suporían un investimento elevado e permitirían situar a capital galega como referente en accesibilidade, ao tempo que mellorarían de maneira significativa a calidade do servizo para toda a cidadanía.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here