InicioSANTIAGOA alcaldesa pide á Xunta reforzar a prevención ante os incendios

A alcaldesa pide á Xunta reforzar a prevención ante os incendios

A rexedora compostelá lembra que Santiago tamén rexistrou máis lumes ca no verán de 2024, pero insiste en que a prioridade debe ser evitar que se produzan

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, apelou hoxe á importancia de poñer o foco na prevención para que “os incendios non sexan unha realidade”. Fixoo en declaracións aos medios no medio da vaga de lumes que afecta á provincia de Ourense, onde nas últimas xornadas arderon centos de hectáreas.

Sanmartín describiu a situación como “dramática” e vinculouna a “múltiples causas de ordenación do territorio e de falta de proxectos para que o rural sexa vivo, dinámico e haxa un monte multifuncional”. Nesa liña, apuntou á Xunta de Galicia como administración que debe “marcar o camiño” e impulsar cambios nas políticas forestais.

No caso da capital galega, a rexedora lembrou que en agosto rexistráronse pequenos incendios en número superior aos do mesmo mes de 2024. Segundo explicou, todos puideron ser controlados polos servizos municipais, e agradeceu o labor do corpo de bombeiros de Santiago, que cualificou de “bo servizo”.

“Creo que temos que estar en alerta continua”, advertiu Sanmartín, ao tempo que insistiu en que “hai que fixarse máis non tanto en como extinguir os incendios, senón en como facer prevención”. A alcaldesa confiou en que a cidade poida seguir facendo fronte aos lumes menores, mais advertiu que a clave pasa por evitar a súa aparición.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

A migración forzada por factores ambientais, a debate en Santiago o martes 17 de marzo

O vindeiro martes 17 de febreiro celebrarase no Centro de Estudos Avanzados de Santiago...