InicioSANTIAGOO PPdeG critica ao Concello de Santiago por actuar de "maneira improvisada"...

O PPdeG critica ao Concello de Santiago por actuar de “maneira improvisada” para pór en marcha a taxa turística

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, manifestou que se trata de "unha mostra máis" da "falta de capacidade de xestión" dun goberno que cualificou de "perdedores"

Publicado o

Xornal de Compostela

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, reprochou a “maneira improvisada” do Goberno local de Santiago para pór en marcha a taxa turística, despois de abrirse a “flexibilizar” o prazo para activala ante as críticas do sector hoteleiro.

Para o número 2 do PPdeG, “non sorprende” que no mes de xullo “aínda non fixese absolutamente nada” cunha taxa turística “concedida desde xaneiro deste ano”.

Nesta liña, a preguntas dos medios este xoves nunha rolda de prensa no Parlamento, Paula Prado sinalou que a Xunta “lle deu esa posibilidade”, pero “ten que ter diálogo co sector hoteleiro” nun momento no que “se achega o momento de máis traballo para a hostalaría e pretenden, de maneira improvisada, pór en marcha unha taxa que levan meses para pór en marcha”.

Así, manifestou que se trata de “unha mostra máis” da “falta de capacidade de xestión” dun goberno que cualificou de “perdedores”. “Ten seis concelleiros de 25 e saíu adiante a Alcaldía para o BNG co único propósito de que non gobernase o PP, a lista máis votada”, apostilou.

Neste contexto, defendeu que circunstancias como a xestión da taxa turística son “consecuencia” dun “pacto de perdedores entre o BNG e o PSOE”.

ÚLTIMAS

Sanmartín asiste á entrega das Medallas de Galicia, concedidas aos alcaldes do Porto e Braga

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, participou este 24 de xullo na...

Vítimas do accidente de Angrois denuncian que “o Estado non resposta” nin asumiu “ningunha responsabilidade”

A plataforma de vítimas do accidente do tren Alvia ocorrido en Angrois en xullo de 2013...

Reunión do consello de administración do Consorcio de Santiago e a Xunta promete manter a súa achega para 2026

O Consorcio de Santiago de Compostela reuniu este xoves, véspera do 25 de xullo,...

O CiMUS da USC identifica un novo mecanismo que fortalece a acción dunha proteína clave contra o cancro

O grupo de investigación ‘Virus and Cancer’, do Centro Singular de Investigación en Medicamento...

Unanimidade na corporación de Santiago sobre as distincións da Alba de Compostela 2025

A corporación municipal do Concello de Santiago ratificou de forma unánime a proposta da...

O PSdeG solicita no Pleno un plan para arranxar as beirarrúas deterioradas de Fontiñas

O Grupo Municipal Socialista levará ao Pleno do Concello de Santiago unha proposta para...

Rueda celebra o 90 aniversario do Aeródromo Militar de Santiago

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este sábado na Xornada de portas abertas...