InicioSOCIEDADEO CSIC crea un laboratorio pioneiro en Santiago para estudar a relación...

O CSIC crea un laboratorio pioneiro en Santiago para estudar a relación ancestral entre humanos e plantas

O proxecto PLANTCRAFT, liderado por María Martín Seijo, afonda na artesanía vexetal desde a Idade do Bronce ata época romana.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) avanza no seu proxecto ‘PLANTCRAFT’, que busca reconstruír as relacións entre persoas e plantas no noroeste da Península Ibérica desde a Idade de Bronce, coa creación do Laboratorio de Arqueobotánica en Santiago.

Segundo informa o CSIC, a investigación, cofinanciada con fondos estatais e europeos, está liderada por María Martín Seijo, “propón unha nova mirada á arqueoloxía a través do estudo non só dos obxectos do pasado, senón das paisaxes que xurdiron do traballo artesanal que implica en moitas ocasións o manexo e manipulación das plantas”.

Para iso, aborda o estudo da artesanía vexetal entre a Idade do Bronce e a época romana (do 2200 a.C. ao 500 d.C.), mediante a análise de múltiples evidencias arqueolóxicas do suroeste de Europa (norte de España e Portugal).

Esta investigación “implica metodoloxías de vangarda para o rexistro e análise da artesanía vexetal, axuntando avances metodolóxicos no rexistro de escavacións, a arqueobotánica e outras técnicas analíticas, con achegas da etnoarqueología, a etnobotánica e a arqueoloxía experimental”.

Centrámonos na recuperación e análise de obxectos arqueolóxicos elaborados con materiais vexetais –como madeira, cortiza ou fibras– que, a pesar do seu carácter perecedoiro, chegaron ata nós grazas a condicións excepcionais de conservación: o lume, a saturación de auga en covas e ríos ou o contacto con metais. Aínda que moitas veces ignorados no rexistro arqueolóxico, estes obxectos foron esenciais na vida cotiá do pasado, desde a Idade do Bronce ata a época romana“, explica Martín Seijo.

Entre os avances alcanzados ata o momento no marco deste proxecto figura a creación do Laboratorio de Arqueobotánica, integrado no Laboratorio de Arqueometría do INCIPIT, que integra os laboratorios de imaxe multibanda de alta resolución nos rangos ultravioleta, visible e infravermello, de análise de fluorescencia de raios X, de pirólisis analítica e de petrografía de materiais arqueolóxicos.

Este novo espazo especializado, que forma parte do Catálogo de Tecnoloxías do CSIC, ofrece a entidades públicas e privadas un servizo integral de análise para a caracterización dos fráxiles macrorrestos vexetais e asesoramento en intervencións arqueolóxicas. Tamén permite a análise non só de restos carbonizados, senón tamén de madeiras alagadas e mineralizadas, así como o de fibras, incluíndo as preservadas como sinais sobre outros materiais. Por último, destaca pola posibilidade de exame de elementos manufacturados en materiais vexetais e a elaboración de propostas de prototipos baseados en modelos arqueolóxicos“, detalla Martín Seijo.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

O Concello continúa as reunións coa veciñanza para abordar obras e melloras en varios barrios de Santiago

O Concello de Santiago celebrou esta semana dúas novas xuntanzas cos barrios, encontros que...

A alcaldesa destaca o impulso da Casa Xohana Torres e o crecemento do asesoramento LGBTIQ+ no Consello Municipal de Igualdade

A reunión do Consello Municipal de Igualdade, presidida este venres pola alcaldesa Goretti Sanmartín,...

A USC en mans de mulleres: catro candidatas se presentan para reitoras tras a retirada de Mar Lorenzo

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) pechou este venres o prazo de presentación...