InicioSANTIAGOGaliza Nova protestará este vindeiro luns contra a Medalla de Ouro de...

Galiza Nova protestará este vindeiro luns contra a Medalla de Ouro de Galicia da Xunta á princesa Leonor

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, defendeu outorgarlle este recoñecemento polo "agarimo" que está "seguro" que "a maioría do pobo galego sente"

Publicado o

Xornal de Compostela

Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, protestará este luns, 14 de xullo, en Santiago contra a concesión por parte da Xunta da Medalla de Ouro de Galicia á princesa de Asturias, Leonor de Borbón.

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, defendeu outorgarlle este recoñecemento polo “agarimo” que está “seguro” que “a maioría do pobo galego sente”. Este galardón nun acto en Compostela será dous días antes da cerimonia de entrega de despachos na Escola Naval de Marín o 16 de xullo, coa culminación do seu ano de formación militar.

Así, Galiza Nova indica que esta concentración pola “República Galega” será o inicio da sétima edición da Semana dá Patria Galega, previa ao 25 de xullo, que presentou este xoves.

A secretaria xeral de Galiza, Marta Gómez, subliña que nesta edición bátese marca de actividades, con máis de 70, no que considera “unha demostración de forza dos mozos organizados por todo o país”. Homenaxes a Castelao e Rosalía de Castro, así como reivindicación das seleccións galegas deportivas serán outros actos a realizar.

PROBLEMAS CON EQUIVALENCIAS DE TÍTULOS UNIVERSITARIOS ESTRANXEIROS

Por outra banda, o BNG rexistrou iniciativas nas Cortes do Estado para urxir ao Goberno medidas co fin de solucionar “a grave situación de colapso e opacidade” que afecta os procedementos de homologación e declaracións de equivalencias de títulos universitarios estranxeiros, dependentes do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denuncia que existen “miles de expedientes paralizados desde hai anos, nalgúns casos desde 2017 ou 2018, o que está a impedir que numerosos profesionais poidan exercer a súa actividade no Estado español”.

Apunta que a propia ministra recoñeceu que no ano 2024 tramitáronse uns 40.000 expedientes, mentres que para este ano 2025 o obxectivo é resolver 80.000, !o que dá conta da magnitude do problema e do atasco acumulado”.

Rego recolle as queixas das persoas afectadas que denuncian que “o Ministerio está a emitir resolucións sen respectar a orde cronolóxica de entrada das solicitudes”, polo que consideran inxustificable que se estean emitindo resolucións favorables a solicitudes presentadas en xullo de 2024, baixo o novo Real Decreto 889/2024, mentres outras do ano 2017 seguen sen resposta.

Outro dos problemas denunciados polas persoas solicitantes é a existencia de arbitrariedades nos requirimentos de documentación, pois se esixen subsanacións por suposta falta de documentos que xa foran presentados correctamente.

ÚLTIMAS

Constenla avala en redes comentarios que cualifican a alcaldesa de “cateta” ou “monicreque” tras a polémica da Medalla de Galicia

A polémica pola ausencia da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, no acto de entrega...

Rural impulsa campamentos de verán nos centros socioculturais con máis de cen crianzas participantes

Un total de 103 nenos e nenas de entre 4 e 11 anos participaron...

‘Sinaladas’ afonda na memoria das mulleres galegas represaliadas ao longo do século XX

A rúa da Carreira do Conde, en Santiago de Compostela, acolle desde esta semana...

Arde unha leira nas inmediacións da estación de tren de Santiago e escoítanse explosións sen causa clara

Un incendio rexistrado na tarde deste venres nas inmediacións da estación de tren de...

‘Sinaladas’ afonda na memoria das mulleres galegas represaliadas ao longo do século XX

A rúa da Carreira do Conde, en Santiago de Compostela, acolle desde esta semana...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia demoras de ata 17 días na atención primaria malia o plan de verán do Sergas

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS volveu advertir sobre o grave deterioro...

Mutualistas protestan en Santiago contra o peche da oficina de Muface nunha concentración convocada pola CIG

Un grupo de mutualistas concentráronse esta mañá diante da oficina de MUFACE en Santiago...