InicioSANTIAGOO Concello presenta o vehículo 'Neno' como eixo dun proxecto piloto de...

O Concello presenta o vehículo ‘Neno’ como eixo dun proxecto piloto de micromobilidade para reducir o uso do coche privado en Santiago

A proposta, desenvolvida en colaboración con Castrosúa e Tussa, aposta por vehículos compartidos e zonas de estacionamento intelixente para cubrir desprazamentos curtos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago presentou este mércores un proxecto piloto de micromobilidade sostible que busca ofrecer alternativas ao coche privado para desprazamentos curtos dentro da cidade. A iniciativa está sendo desenvolvida en colaboración coa empresa pública Tussa e coa startup Movme, impulsada pola carrocera compostelá Castrosúa. Segundo explicou o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, trátase dun proxecto “pioneiro” que pretende reducir o tráfico e recuperar espazo público para a cidadanía.

O estudo parte da constatación de que moitos desprazamentos dentro de Santiago —especialmente desde o centro histórico— fanse en vehículo privado malia a ampla cobertura do transporte colectivo. A solución proposta consiste na implementación dun sistema de vehículos lixeiros compartidos, deseñados especificamente para este uso e adaptados á escala urbana de Compostela. Estes vehículos, coñecidos como Neno, son eléctricos, ocupan pouco espazo e poderían conducirse desde os 16 anos con carné de ciclomotor.

A análise previa realizada por Tussa e Movme identificou zonas prioritarias como o Hospital Clínico, a Estación Intermodal, o campus universitario ou o barrio das Fontiñas, ademais doutras áreas como San Lázaro, Lamas de Abade ou o polígono do Tambre. O sistema propón conectar estas zonas a través dunha rede de nodos que asegure a dispoñibilidade de estacionamento, un dos principais atrancos dos sistemas de ‘car sharing’ actuais. Tamén se identificaron zonas especiais, como a Cidade da Cultura ou o Hospital de Conxo, onde se buscará a colaboración de institucións como a Xunta ou o SERGAS.

“Estamos a falar dunha solución pensada especificamente para cidades medianas como Santiago, onde os modelos tradicionais de ‘sharing’ non funcionan por falta de volume”, destacou Carlos García, xerente de Movme. “Queremos que a mobilidade sexa transversal, accesible e colaborativa, na que cidadanía, empresas e institucións non compitan, senón que cooperen”.

A fase actual do proxecto céntrase na avaliación do interese por parte de empresas e entidades locais. Segundo avanzaron os responsables, xa se realizaron contactos iniciais e agárdase que nas próximas semanas poidan establecerse compromisos para poñer en marcha o piloto. A produción dos vehículos dependerá deses apoios, pero Castrosúa confirmou a súa dispoñibilidade para afrontar os prazos industriais necesarios.

O concelleiro Duro subliñou que este sistema non substitúe o transporte público, senón que o complementa, e destacou o seu impacto positivo na loita contra o cambio climático, a mellora da calidade de vida e a redistribución do espazo urbano. “Non ten sentido que un coche ocupe un lugar durante horas cando podería ser utilizado por varias persoas ao longo do día”, sinalou.

A proposta foi tamén valorada como unha aposta pola innovación local, pola intermodalidade e pola creación dun modelo exportable a outras cidades, sempre adaptado ás súas especificidades. “Non hai dúas cidades iguais. Esta solución está feita para Santiago, pero pode servir de exemplo a nivel europeo”, concluíu García.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here