InicioSANTIAGOA Asociación Fonseca aproba contas e reivindica a súa actividade ante o...

A Asociación Fonseca aproba contas e reivindica a súa actividade ante o Concello

A asemblea xeral analiza a xestión de 2024 e a situación urbanística da Cidade Histórica de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Veciños da Cidade Histórica FONSECA celebrou este luns a súa asemblea xeral ordinaria no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia, onde aprobou as contas do exercicio 2024 e o orzamento previsto para 2025, ademais de facer balance do traballo realizado nos últimos meses.

Durante o encontro, revisouse a actividade da entidade desde a anterior asemblea, celebrada en novembro, con especial atención ás accións relacionadas co seguimento urbanístico na zona vella de Santiago. Neste sentido, a Asociación informou das queixas e denuncias presentadas diante do Concello, así como das reunións mantidas coa alcaldesa Goretti Sanmartín e membros do seu equipo de goberno ao longo dos últimos meses.

Segundo se trasladou aos socios, a actividade da Asociación tivo especial relevancia en debates normativos municipais, como a recente ordenanza dos residuos sólidos urbanos, á que presentaron alegacións formais, e tamén na revisión da ordenanza das terrazas, un asunto que —en opinión da entidade— require unha actualización urxente. Ademais, expuxeron as súas propostas na Mesa Sectorial da Vivenda, foro no que están a participar activamente.

Outro dos puntos destacados da asemblea foi a análise da recente decisión da Fiscalía de área de Santiago, que vén de formular unha querela penal para investigar a concesión dunha licencia a un local de hostalaría na zona histórica. A Asociación considera este paso un feito relevante na súa demanda de maior control urbanístico e transparencia administrativa.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here