InicioSANTIAGOO Goberno local comprométese co Foro Cívico de Compostela a impulsar vivenda...

O Goberno local comprométese co Foro Cívico de Compostela a impulsar vivenda protexida e melloras na conectividade

Sanmartín e o seu equipo trasladan avances en infraestruturas, vivenda e aeroporto nunha reunión de máis de dúas horas con entidades sociais e profesionais da cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O Foro Cívico de Compostela, que agrupa diferentes entidades sociais, económicas e profesionais da cidade, mantivo este martes unha longa xuntanza co Goberno municipal, encabezado pola alcaldesa Goretti Sanmartín. O encontro serviu para avaliar o cumprimento dos compromisos asumidos polos grupos políticos no documento de consenso asinado en maio de 2023 e para abordar outras cuestións urxentes que afectan á cidade.

Entre os temas tratados destacou a situación da vivenda. O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, sinalou que xa se solicitou á Xunta a Declaración de Zona Tensionada para Santiago, o que permitiría aplicar medidas para aumentar o parque de vivenda accesible. Lestegás explicou que parte da vivenda pública existente perdeu esta condición e pasou ao mercado libre, o que provocou un incremento dos prezos. Como resposta, o Goberno local impulsará novas promocións: 3.460 vivendas previstas en Mallou, das cales un 20% serán públicas e un 60% estarán protexidas, cun horizonte de execución en 2028. Tamén se mobilizarán parcelas nas Cancelas, Muiña e Traspaxonal, e avógase porque o 100% da nova edificación na parcela do antigo colexio Peleteiro sexa vivenda protexida.

Outro dos puntos centrais foi a conectividade. A alcaldesa anunciou que a primeira fase da EDAR da Silvouta estará operativa en agosto e completamente rematada nun ano. Tamén confirmou a inauguración da Estación Intermodal neste verán, que pasará a chamarse Estación Daniel Rodríguez Castelao, aínda que o aparcadoiro vinculado non entrará en funcionamento ata dentro dun ano.

Porén, proxectos como o “orbitaliño”, que conectará a N-550 coa AP-9 para facilitar o acceso aos polígonos de Costa Vella e Tambre, ou a Plataforma Loxística de Mercadorías, seguen sen avances concretos. Neste sentido, o Foro demandou unha maior implicación para que Santiago se converta nun centro de distribución do norte peninsular, reclamando á Xunta máis solo industrial a prezo asumible e a creación dunha Oficina de Investimentos.

No tocante ao aeroporto Rosalía de Castro, os membros do Foro amosaron a súa preocupación pola perda de rutas e voos. A concelleira Miriam Louzao respondeu que, malia os bos datos xerais, o Goberno municipal está traballando para atraer novas aeroliñas como Wizz Air, co obxectivo de mellorar a conectividade e reducir os prezos. Tamén se abordou a necesidade de mellorar o acceso ao aeroporto por tren e de resolver a parálise na concesión de 29 novas licenzas de taxi, que non se prevé que estean dispoñibles ata finais de ano.

Outros temas que centraron a reunión foron a ampliación do aparcadoiro do CHUS, considerada positiva pero insuficiente polo Foro, ou a proposta de revisar o PXOM para facilitar a creación de novas infraestruturas e vivenda. En materia de emprendemento, Sanmartín adiantou que xa se está a estudar a cesión de espazos municipais a media ducia de proxectos xurdidos da Universidade de Santiago.

A xuntanza, que se prolongou por máis de dúas horas e media, serviu como canle de comunicación directa entre o Goberno local e as máis de quince asociacións representadas no Foro Cívico, que expuxeron as principais demandas e preocupacións da cidadanía compostelá.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here