InicioSANTIAGOA USC e a Confederación de Empresarios asinan un acordo para facilitar...

A USC e a Confederación de Empresarios asinan un acordo para facilitar medicións de gas radón nas empresas galegas

O Laboratorio de Radón de Galicia ofrecerá vantaxes ás organizacións asociadas á CEG na análise de postos de traballo

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) formalizaron este martes un acordo de colaboración que permitirá ás empresas asociadas beneficiarse de condicións favorables nas medicións de gas radón nos seus postos de traballo. O convenio foi asinado polo reitor da USC, Antonio López, e o presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, co obxectivo de reforzar a prevención de riscos laborais en espazos susceptibles de acumulación deste gas.

As medicións realizaranse a través do Laboratorio de Radón de Galicia, creado en 2005 e adscrito ao Centro de Investigación Interdisciplinar de Tecnoloxías Ambientais (CRETUS), baixo a coordinación do catedrático Alberto Ruano. Esta infraestrutura científica, con sede na USC, é actualmente unha das máis avanzadas na análise da presenza de radón en Galicia e conta cun rexistro de máis de 6.000 medicións en vivendas, accesibles a través do Mapa de Radón de Galicia.

O acordo conxunto senta as bases para que o laboratorio realice medicións de radón en lugares de traballo situados en municipios considerados de actuación prioritaria segundo o Código Técnico de Edificación, especialmente en sotos e plantas baixas. Nestes casos, a normativa obriga a avaliar a concentración de radón e a aplicar medidas correctoras cando se superen os 300 Bq/m³, valor límite establecido no regulamento de protección fronte a radiacións ionizantes.

A USC e a CEG crearán unha comisión de seguimento que se encargará da vixilancia e control da execución do convenio. O Laboratorio de Radón de Galicia, acreditado como Laboratorio de Ensaio polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (RELAGA), xa traballa habitualmente en coordinación con servizos de prevención de riscos laborais e mutuas, tendo realizado milleiros de medicións en empresas galegas nos últimos anos.

ÚLTIMAS

Acuaes e o Concello desmenten un novo vertido da depuradora de Silvouta ao río Sar

A presenza dunha espesa escuma branca nas augas do río Sar, ao seu paso...

O Concello de Boqueixón inicia dúas novas sendas peonís en Sergude e Lestedo

O Concello de Boqueixón deu comezo ás obras para a construción de dúas novas...

O Concello de Santiago inicia negociacións cos sindicatos para desbloquear situación de bombeiros e policías

O Concello de Santiago convocou este venres unha reunión de traballo cos sindicatos CC.OO,...

UCIN acusa ao Goberno local de “deixamento” ante o caos circulatorio en Milladoiro

A formación UCIN Ames, a través do seu coordinador José Luis Calo, criticou este...

O Concello de Santiago acolle as Xornadas Sexolóxicas da AEPS, centradas na diversidade e na inclusión

As Xornadas Sexolóxicas da Asociación Estatal de Profesionais da Sexoloxía (AEPS) chegan esta fin...

O Ateneo analiza nun faladoiro o impacto do turismo sobre a vida cidadá

O Ateneo de Santiago organiza este martes, 4 de novembro, ás 19:30, un novo...

A Cámara de Comercio acollerá en Santiago o encontro internacional ‘Blue Horizons’ sobre innovación xuvenil na Economía Azul

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela será sede os días 4 e...