InicioSANTIAGOA USC ofrece 960 prazas de residencia para o curso 2025-2026

A USC ofrece 960 prazas de residencia para o curso 2025-2026

O prazo de solicitude remata o 26 de xuño e introdúcese un novo sistema de confirmación na lista de agarda

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá o proceso de solicitude para un total de 960 prazas de aloxamento no seu Servizo Universitario de Residencias (SUR) de cara ao curso académico 2025-2026, o que supón un aumento de 50 prazas respecto ao curso actual. A convocatoria estará aberta ata as 14:00 horas do 26 de xuño e está dirixida exclusivamente ao estudantado da institución.

As prazas distribúense segundo os distintos niveis de estudos e necesidades: 856 serán para alumnado de grao, 30 para mestrado, 21 para programas de doutoramento e investigadores en formación, 5 para posgraos propios e o resto dirixidas a persoas da comunidade universitaria que precisen adaptacións derivadas dunha discapacidade.

As persoas solicitantes poderán coñecer se foron admitidas ou non de maneira provisional o 22 de xullo, e tras o período de alegacións e correccións, a listaxe definitiva publicarase o 31 de xullo. Como novidade destacada este ano, introdúcese un sistema que obriga ás persoas en lista de agarda a confirmar que desexan seguir nela. Esta confirmación será solicitada mediante o envío dun SMS que avisará da súa posición e situación no proceso, para evitar a perda involuntaria de opción a praza.

A USC destaca tamén por ser a universidade con maior número de prazas públicas de aloxamento do Estado español. Na cidade de Santiago, as residencias dispoñibles son Monte da Condesa e Burgo das Nacións, así como os colexios maiores Fonseca e Rodríguez Cadarso. No campus lucense, o aloxamento ofrécese na residencia universitaria Jesús Bal y Gay.

En canto aos prezos, estes varían segundo a Renda Persoal Dispoñible (RPD) da persoa solicitante. O custe mensual por un cuarto individual pode ir dos 62 aos 292 euros, mentres que un cuarto compartido oscila entre 46 e 251 euros.

O período de ocupación das prazas estenderase entre o 4 de setembro de 2025 e o 31 de maio de 2026. Rematado este prazo, os estudantes que queiran manter a súa praza para o seguinte curso deberán realizar unha nova solicitude a través da Convocatoria de verán de 2026.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here