InicioSANTIAGOSantiago celebra 'LeComigo' este domingo, un encontro para ler en silencio e...

Santiago celebra ‘LeComigo’ este domingo, un encontro para ler en silencio e falar con vinte escritores

Santiago de Compostela acollerá este domingo a iniciativa 'LeComigo', un encontro pensado para reunir a persoas ao redor da lectura baixo a premisa de ler en silencio durante unha hora e charlar despois cunha vintena de escritores.

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago de Compostela acollerá este domingo a iniciativa ‘LeComigo’, un encontro pensado para reunir a persoas ao redor da lectura baixo a premisa de ler en silencio durante unha hora e charlar despois cunha vintena de escritores.

“Queremos crear comunidades lectoras en toda Galicia, que se unan para celebrar a literatura dunha forma desenfadada. Buscamos a lectores que estean dispostos a deixar de lado o móbil e as redes sociais por unhas horas para ler en silencio e escoitar despois o que distintos autores contarán sobre as súas experiencias lectoras”, explicaron as organizadoras de LeComigo.

En concreto, a libreira e escritora Mercedes Corbillón e a editora Gemma Sesar, destacaron que esta iniciativa, “nova en Galicia”, baséase nas afamadas convocatorias do Silent Book Club, un colectivo mundial de lectores que se reúnen en espazos públicos para ler xuntos “nun ambiente de camaradería”.

Na cita compostelá, a primeira reunión terá lugar este domingo na Casa das Máquinas, trátase dunha convocatoria gratuíta e para maiores de 18 anos. Ás 11.30 horas a convocatoria é para tomar un café e de 12.00 a 13.00 horas cada participante lerá en silencio o libro que leve.

A partir das 13.00 horas abrirase a conversación na que participarán os lectores e os escritores invitados, que nesta primeira convocatoria son Pedro Feijoo, Branca Riestra, Ismael Ramos, María Solar, Xelís de Toro, Anxos Sumai, Luís Rei, Helena de Carlos, Daniel Asorey, Marta Estévez, Ulises Bértolo, Rosa Aneiros, Xavier Queipo, Marga do Val, Antón Lopo, Encarna Otero, Anxo Quintela, Carme Vidal e Manuel Portas. Por último, a xornada terminará cun sorteo de libros das editoriais que colaboran coa iniciativa.

ÚLTIMAS

A campaña ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’ organiza en novembro unha ruta artística por doce establecementos de Santiago

A campaña municipal '12 Comercios, 12 Sensibilidades' inicia a súa programación de novembro cunha...

Pedro Blanco propón recuperar a área recreativa de Chaián e mellorar os seus accesos

O candidato do PSdeG á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, reclamou actuacións...

O pleno de Santiago aproba o apoio á ILP Lingua Vital coa abstención do PSdeG

O Pleno do Concello de Santiago aprobou este luns unha moción de apoio á...

Saleta Chao toma posesión como concelleira de Facenda de Santiago

Saleta Chao Rivas (BNG) incorpórase dende hoxe á Corporación municipal de Santiago de Compostela...

(VÍDEO) Para historia de terror, a que Compostela ten baixo terra en Boisaca

A historia imaxinada dá paso aos feitos documentados. Segundo os datos recollidos polo proxecto...

Cineuropa celebra os seus 40 anos en Santiago con máis de 150 películas, retrospectivas e homenaxes ao cinema internacional e galego

O festival Cineuropa cumprirá 40 edicións cunha programación de máis de 150 películas repartidas...

Mar Lorenzo é reelixida decana de Ciencias da Educación da USC para os próximos seis anos

A Facultade de Ciencias da Educación da USC continuará baixo a dirección de Mar...