InicioSANTIAGOO PP reclama o arranxo urxente da estrada de Trasformarís polo seu...

O PP reclama o arranxo urxente da estrada de Trasformarís polo seu deterioro

A concelleira Olaya Otero denuncia a falta de mantemento dunha vía clave de acceso ao Polígono da Sionlla

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Olaya Otero, solicitou esta semana ao goberno municipal a reparación da estrada de Trasformarís, unha vía que conecta a N-550 co Polígono da Sionlla e que atravesa a zona de Sionlla de Arriba, soportando un tráfico crecente de vehículos, tanto lixeiros como de grande tonelaxe.

A edil popular asegurou que o estado da vía é especialmente preocupante, cualificándoa como unha especie de “autopista de alta perigosidade” debido ao seu deficiente firme, cheo de fendas, buratos e pedras soltas, e á ausencia de sinalización e protección en puntos sensibles, como as bocas de canalización de auga sen cubrir. Segundo explicou, trátase dunha vía rural “pensada para outro tipo de uso” que na actualidade soporta un fluxo de vehículos “moi superior ao previsto”.

Otero tamén denunciou a falta de beirarrúas practicables: “Naqueles tramos onde existen, a vexetación e o lixo acumulado fan imposible identificar que alí houbo un itinerario peonil”. Para a concelleira popular, esta situación compromete a seguridade das persoas que se desprazan a pé, tanto traballadoras do polígono como veciñanza da contorna.

A representante do PP afirmou que esta estrada leva anos sen recibir mantemento, e que a súa situación actual responde a un abandono institucional, polo que instou ao goberno municipal a intervir con urxencia, executando obras que inclúan un novo asfaltado, a limpeza e recuperación das beirarrúas e a dotación de elementos de seguridade viaria.

“As demandas da veciñanza son claras e levan tempo esperando unha resposta”, declarou Otero, quen convidou ao executivo local a visitar a zona para comprobar de primeira man o seu estado. A concelleira rematou lembrando que “a obriga do Concello é garantir o benestar da cidadanía, tamén nas áreas rurais do termo municipal”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here