InicioSANTIAGOO Concello reabre a rúa do Pombal tras completar as obras de...

O Concello reabre a rúa do Pombal tras completar as obras de mellora e accesibilidade

A intervención, cun orzamento de máis de 760.000 euros, incorpora un carril bici e melloras nas redes de servizos urbanos

Publicado o

Xornal de Compostela

A rúa do Pombal reabriu hoxe ao tráfico, despois de dez meses de obras cun investimento superior aos 760.000 euros, co obxectivo de mellorar a calidade do espazo público, a accesibilidade e os servizos urbanos. A actuación tamén permitirá recuperar a partir da semana que vén os itinerarios e frecuencias habituais das sete liñas de autobús urbano que se viron afectadas durante o desenvolvemento da obra.

Segundo informou o Concello, a intervención supuxo a eliminación de barreiras arquitectónicas, a ampliación das beirarrúas e a creación dun itinerario peonil máis cómodo e seguro, especialmente adaptado para persoas con mobilidade reducida ou que empreguen carriños. A nova configuración da rúa inclúe unha plataforma única, con circulación segregada entre vehículos e peóns, mobiliario urbano renovado, pequenas zonas axardinadas e espazos para descanso.

Desde o punto de vista das infraestruturas, renováronse por completo as redes de saneamento e abastecemento, mellorouse a iluminación pública con sistemas máis eficientes e tamén se actuou nas redes de telecomunicacións e gas.

Unha das principais novidades é a incorporación dun carril refuxio para bicicletas en sentido subida, situado na marxe dereita da rúa, pegado ao muro da Alameda. Esta medida busca facilitar a mobilidade ciclable e incrementar a seguridade viaria das persoas que utilizan a bicicleta neste tramo.

No tocante ao transporte público, as liñas 4, 8, 9, C2, C4, P1 e P7 recuperarán as súas paradas e itinerarios previos á Semana Santa. Desde Tussa informaron que o Sistema de Axuda á Explotación da rede de autobuses está a ser actualizado e que se reforzará a comunicación coas persoas usuarias ao longo da semana.

Coa reapertura, a circulación de vehículos en dobre sentido tamén quedará restablecida. A beirarrúa máis ampla, situada na marxe esquerda, xunto ás vivendas e establecementos, acollerá o tránsito peonil principal, consolidando así unha rúa máis amable e funcional, segundo indicaron desde o goberno local.

Esta actuación enmárcase dentro das políticas municipais para avanzar cara a unha cidade máis accesible, sostible e integradora, e forma parte da estratexia de recuperación e posta en valor dos espazos públicos do casco urbano de Compostela.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here