InicioSANTIAGOA USC organiza encontros virtuais para achegar a súa oferta ao futuro...

A USC organiza encontros virtuais para achegar a súa oferta ao futuro estudantado

Os días 14 e 15 de abril o alumnado poderá resolver dúbidas e coñecer servizos e titulacións nos campus de Santiago e Lugo

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela celebrará os vindeiros 14 e 15 de abril a sexta edición dos Encontros Virtuais na Zona USC, unha actividade pensada para que o alumnado de ensino medio e preuniversitario poida coñecer de primeira man a oferta académica e os servizos dispoñibles nos seus dous campus, Santiago e Lugo.

A iniciativa, organizada polo programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, desenvolverase en formato videoconferencia, permitindo ao estudantado interactuar co profesorado e persoal técnico da institución para resolver dúbidas e obter orientación sobre os estudos superiores.

A través da web oficial do evento (usc.gal/encontros-virtuais), os usuarios poden consultar os horarios e acceder ás ligazóns das sesións que se impartirán durante esas dúas xornadas. Cada titulación contará cun espazo específico no que se explicará o seu funcionamento, saídas profesionais, e as características do plan de estudos. Ademais, ofrecerase información complementaria sobre as áreas de coñecemento ás que pertencen as distintas carreiras.

Os encontros tamén permitirán aos participantes achegarse a servizos da universidade como o Centro de Linguas Modernas, o Servizo de Deportes, o Servizo Universitario de Residencias ou a Área de Cultura, entre outros. As persoas asistentes poderán manter contacto directo con representantes de cada área e coñecer recursos como os espazos culturais, as opcións de aloxamento ou as actividades deportivas dispoñibles durante o curso académico.

Estes encontros naceron en 2020, no contexto da pandemia da COVID-19, como alternativa ás tradicionais xornadas de portas abertas presenciais. Dende entón, a proposta consolidouse como unha ferramenta útil para acompañar ao estudantado no seu tránsito á vida universitaria, con milleiros de estudantes participando cada ano.

A USC anima á mocidade interesada en estudar na universidade a aproveitar esta oportunidade para informarse e preparar a súa etapa universitaria con antelación. As sesións son gratuítas e de acceso libre, e están pensadas tanto para quen xa teña claro o grao ao que optar como para aqueles que aínda están valorando as súas opcións.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

Abre ao tráfico o primeiro treito da prolongación da AG-59 entre Santiago e A Estrada

A prolongación da autovía AG-59, entre Santiago e A Estrada, porá este mércores, 22...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here