InicioSANTIAGOA USC rende homenaxe póstuma ao catedrático Javier D’Ors Lois

A USC rende homenaxe póstuma ao catedrático Javier D’Ors Lois

O Salón de Graos da Facultade de Dereito acolleu un acto no que alumnado e profesorado lembraron a súa traxectoria

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela acolleu este venres unha homenaxe póstuma ao catedrático de Dereito Romano Javier D’Ors Lois (1948-2024), un acto que reuniu alumnado, profesorado e colegas de profesión para lembrar a súa pegada na institución e a súa contribución á docencia.

O Salón de Graos da Facultade de Dereito encheuse de persoas que quixeron recoñecer a súa figura. O reitor da USC, Antonio López, destacou que a asistencia ao evento “testemuña o aprecio e recoñecemento por toda unha vida dedicada á docencia e á institución”.

No acto participaron compañeiros e compañeiras de distintas etapas da carreira académica do homenaxeado. A profesora de Dereito Romano da USC Marié Sixto da Silva cualificouno como “un profesor magnético que nos fixo sentir o Dereito e non só coñecelo”, en referencia á súa capacidade para transmitir coñecemento e paixón pola materia.

Tamén interviñeron a catedrática de Dereito Romano da Universidade dos Andes (Chile), Ángeles Soza Ried, e o catedrático da Universidade de Zürich (Suíza), José Luis Alonso Rodríguez, quen ofreceu a conferencia titulada ‘Ultra fines: insolvencia, papiroloxía e método orsiano’.

Pola súa banda, a profesora da USC Ana González Bustelo e a decana da Facultade de Dereito, Ana Gude Fernández, subliñaron a relevancia da súa figura na evolución do Dereito Romano na universidade e a súa influencia en distintas xeracións de estudantes.

A homenaxe contou coa adhesión de docentes de Dereito Romano de máis de vinte facultades de toda España, o que reflicte o impacto da traxectoria de Javier D’Ors Lois no ámbito académico.

A Facultade de Dereito recoñeceu así a contribución dun docente que marcou a formación de moitos estudantes e deixou un legado de admiración e respecto no ámbito xurídico e universitario.

ÚLTIMAS

O colectivo de persoas racializadas da acampada do Obradoiro convoca unha concentración contra o racismo no acceso á vivenda

A Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela acollerá este luns 12 de outubro...

Verea acusa o Goberno de Santiago de non preparar a cidade para o Xacobeo 2027

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, cuestionou a actuación do Goberno...

O persoal do comercio de alimentación maniféstase en Santiago para reclamar melloras laborais e salariais

As rúas de Santiago acolleron este sábado unha manifestación de traballadores e traballadoras do...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here