InicioSANTIAGOMercedes Rosón reclama ao executivo santiagués información sobre a poxa de inmobles...

Mercedes Rosón reclama ao executivo santiagués información sobre a poxa de inmobles do Rexistro de Solares

"A impaciencia do señor Lestegás por anunciar a poxa está a provocar a saturación do servizo de Urbanismo", respondeu a edil

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira non adscrita de Santiago, Mercedes Rosón, reclamou ao goberno local un protocolo de información pública sobre o procedemento para a poxa de inmobles do Rexistro de Solares municipal porque, segundo denunciou, o persoal non conta coa información que solicitan os interesados no proceso.

“A impaciencia do señor Lestegás por anunciar a poxa está a provocar a saturación do servizo de Urbanismo”, respondeu a edil.

Ademais, tamén insistiu en sinalar que esta situación supón “un novo exemplo de falta de planificación e traballo previo”. Para a concelleira, o goberno de Goretti Sanmartín “excédese en promoción precoz e tropeza en transparencia e xestión”.

Neste sentido, Rosón explicou que a orde “normal” do proceso debería ser definir o procedemento e informar a todo o persoal antes de facer pública a poxa “para evitar a desinformación e que o departamento de Urbanismo teña que seguir atendendo solicitudes constantes sen dispor da información que lle solicita a xente”.

Por iso, aínda que recoñeceu que se trata dun “procedemento lento”, Rosón lembrou que o Rexistro de Solares “foi reactivado no último mandato de Sánchez Bugallo”. Do mesmo xeito, insistiu en que “a responsabilidade de facer as cousas ben debería estar por encima das présas para xerar titulares”.

ÚLTIMAS

Ordenan desaloxar o Centro Escárnio e Maldizer en Santiago para a vindeira semana

O Xulgado de Primeira Instancia número 2 ordenou que a semana próxima semana leve...

As non adscritas cuestionan a previsión de ingresos por multas nos orzamentos de Santiago

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago de Compostela mantiveron este luns unha...

O Concello presenta un novo modelo urbano para transformar a rúa de Santiago de Chile no Ensanche

O concelleiro de Urbanismo do Concello de Santiago de Compostela, Iago Lestegás, presentou este...

A Galería Luisa Pita inaugura a exposición colectiva ‘Convivencias’ con catro artistas contemporáneas

A Galería Luisa Pita acolle desde este venres 16, ás 20:00, a exposición colectiva...

Ordenan desaloxar o Centro Escárnio e Maldizer en Santiago para a vindeira semana

O Xulgado de Primeira Instancia número 2 ordenou que a semana próxima semana leve...

Antonio López xustifica o cesamento de Maite Flores na CIUG para garantir a “igualdade” nas eleccións á USC

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, xustificou este mércores o...

María José López Couso presenta a súa candidatura á reitoría cun proxecto colectivo para a USC

A catedrática María José López Couso presentou este martes en Santiago de Compostela a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here