InicioSANTIAGOO Concello de Santiago abre a inscrición para os obradoiros de galego...

O Concello de Santiago abre a inscrición para os obradoiros de galego dirixidos a persoas non galegofalantes

A formación, de carácter gratuíto, ofrece dous niveis e desenvolverase no Espazo Apego desde marzo ata xuño

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago abriu o prazo de inscrición para os Obradoiros de Acollemento Lingüístico (OAL), unha iniciativa que busca facilitar a aprendizaxe do galego a persoas doutras comunidades lingüísticas. Estes cursos presenciais están pensados tanto para quen se achega por primeira vez á lingua como para aquelas persoas que xa realizaron unha primeira aproximación e queren seguir mellorando as súas competencias.

A formación divídese en dous niveis, un de iniciación, dirixido a persoas sen coñecemento previo de galego, e outro de continuación, para quen xa ten unha base e quere progresar.

Cada obradoiro contará con 36 horas de formación, distribuídas en dúas sesións semanais. O grupo de iniciación terá clases os luns e mércores pola mañá (11:00 a 12:30 horas), mentres que o grupo de continuación asistirá ás sesións en horario de tarde (19:30 a 21:00 horas).

INSCRICIÓN ATA O 24 DE MARZO

O período de inscrición permanecerá aberto ata o 24 de marzo ás 12:00 horas. O proceso é gratuíto e pode realizarse a través do formulario dispoñible na páxina web delingua.santiagodecompostela.gal. As prazas, limitadas a 25 persoas por curso, asignaranse por orde de inscrición.

Unha vez pechado o prazo, as persoas admitidas recibirán unha confirmación por correo electrónico. As aulas desenvolveranse no Espazo Apego, situado na rúa República do Salvador, número 12. Como peche do obradoiro, organizarase unha actividade especial, como unha ruta ou visita guiada pola cidade.

CALENDARIO DOS OBRADOIROS DE PRIMAVERA

As sesións terán lugar entre marzo e xuño, en datas previamente establecidas: 26 e 31 de marzo; 2, 7, 9, 23, 28 e 30 de abril; 5, 7, 12, 14, 19, 21, 36 e 28 de maio, e 2, 4, 8, 11, 16, 18, 23 e 25 de xuño.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here