InicioSANTIAGOO aeroporto de Lavacolla pechará durante un mes en 2026 por obras...

O aeroporto de Lavacolla pechará durante un mes en 2026 por obras na pista

As actuacións obrigarán a suspender toda a actividade entre abril e maio, afectando a conectividade aérea de Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro (Lavacolla) suspenderá a súa actividade entre o 23 de abril e o 27 de maio de 2026 debido a obras de mellora na súa pista principal. O consello de administración de Aena aprobou a licitación destes traballos cun orzamento de 31,6 millóns de euros e un prazo de execución de 15 meses.

A maior parte das intervencións realizaranse en horario nocturno, entre as 23:30 e as 5:30 horas, durante 24 semanas ao longo de 2026. Porén, as actuacións que requiren unha rexeneración profunda do pavimento da pista obrigarán ao peche total das instalacións durante 35 días, afectando a conectividade aérea da rexión.

Os traballos centraranse na regeneración do pavimento da pista, que alcanzará unha profundidade de 1,23 metros en catro zonas, cunha superficie total de 22.040 metros cadrados. Ademais, inclúen a renovación do balizamento e drenaxe da pista, a nivelación das áreas críticas e franxas de seguridade para garantir unha operatividade segura e a mellora do sistema de iluminación con criterios de eficiencia enerxética.

RENOVACIÓN DOS SISTEMAS DE AXUDA Á ATERRAXE

Tamén se acometerá a renovación dos sistemas de axuda á aterraxe en condicións meteorolóxicas adversas (ILS), cun investimento de 1,4 millóns de euros. O ILS de categoría II/III da cabeceira 17 será substituído en maio, coincidindo co peche diurno do aeroporto, mentres que o ILS de categoría I da cabeceira 35 será renovado entre agosto e setembro, coa previsión de que volva estar operativo a principios de outubro.

Aena sinala que o peche da terminal foi coordinado coas aeroliñas e administracións do territorio, asegurando que estas actuacións permitirán mellorar a seguridade das operacións nos próximos anos.

ÚLTIMAS

O colectivo de persoas racializadas da acampada do Obradoiro convoca unha concentración contra o racismo no acceso á vivenda

A Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela acollerá este luns 12 de outubro...

Verea acusa o Goberno de Santiago de non preparar a cidade para o Xacobeo 2027

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, cuestionou a actuación do Goberno...

O persoal do comercio de alimentación maniféstase en Santiago para reclamar melloras laborais e salariais

As rúas de Santiago acolleron este sábado unha manifestación de traballadores e traballadoras do...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here