InicioSOCIEDADEPesar pola morte do profesor Emilio Montero, catedrático de Lingua Española...

Pesar pola morte do profesor Emilio Montero, catedrático de Lingua Española na USC

Publicado o

Xornal de Compostela

Universidade de Santiago manifestou a súa pesar polo falecemento este mércores do profesor Emilio Montero Cartelle, catedrático emérito da área de Lingua española na Facultade de Filoloxía.

A institución compostelá trasladada nun comunicado as súas condolencias a familia e achegados por unha perda “particularmente dolorosa” para o equipo do Departamento de Lingua e Literatura española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral. Reelixido en xullo como presidente da Asociación de Historia de lingua española, Emilio Montero conta cunha relevante traxectoria investigadora no campo da lingüística diacrónica.

A USC destaca os seus estudos sobre o eufemismo e o disfemismo, o léxico medieval, as construcións condicionais e concesivas ou a gramaticalización de conectores contraargumentativos. Chegou a ocupar o cargo de decano da Facultade de Filoloxía, onde impartiu materias de historia da lingua española e dialectología. “O seu labor e compromiso coa universidade sempre quedará no recordo dos que compartiron con el longos anos de traballo”, remarca a USC.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

A migración forzada por factores ambientais, a debate en Santiago o martes 17 de marzo

O vindeiro martes 17 de febreiro celebrarase no Centro de Estudos Avanzados de Santiago...