InicioSANTIAGOO PSdeG non ve a situación do PSOE santiagués como obstáculo para...

O PSdeG non ve a situación do PSOE santiagués como obstáculo para aprobar os orzamentos municipais

O portavoz Julio Torrado subliñou que a aprobación ou non das contas municipais non é "responsabilidade dun partido que non goberna" na localidade e que debe de ser o "equipo de goberno" quen formule o proxecto

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz da Executiva do PSdeG, Julio Torrado, rexeitou este venres que a situación que atravesa o Grupo Municipal Socialista dilate a aprobación dos orzamentos no Concello de Santiago e lembrou que sacar adiante estas partidas é un asunto que lle “corresponde ao goberno local”.

Preguntado respecto diso nunha rolda de prensa ofrecida este venres, Torrado subliñou que a aprobación ou non das contas municipais non é “responsabilidade dun partido que non goberna” na localidade e que debe de ser o “equipo de goberno” quen formule o proxecto.

“Estou seguro de que se o goberno local de Santiago formula uns orzamentos que sexan bos, aprobaranse. E se formula uns que non son bos, non se aprobarán”, dixo para soster que é “o natural en democracia”.

Dito isto, considerou que a alcaldesa da capital galega, a nacionalista Goretti Sanmartín, “está ás veces máis preocupada do que fan os demais” que do que fai o seu propio goberno.

Todo iso nunha rolda de prensa na que volveu a rexeitar pronunciase sobre o expediente de expulsión aberto a catro do seis edís do PSOE no Consistorio e remarcou que se trata dun procedemento “garantista”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here